Category Image  EVENTOS / Concellería de Ensino  

 

Documental: Un soño compartido 

Data: Venres, 21. April 2017
Horario: 19:00 a 20:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

 

Descrición:

Dentro do programa Aprendendo en familia: escola de pais e nais da Concellería de Educación propoñemos unha sesión na que falaremos sobre AUTISMO. A sesión comezará coa estrea do documental UN SOÑO COMPARTIDO.

Ó finalizar haberá unha CHARLA COLOQUIO con Alba Pérez Fernández que leva por título "Comprendendo o autismo dende unha perspectiva práctica":

  1. Entendemos a diversidade.
  2. Dinámicas e actividades: poñémonos na súa pel.
  3. Adaptación de espazos e material: propostas prácticas.

Alba é Mestra e Psicopedagoga. Traballou en centros de Educación Especial como titora de aula de nenos/as con TEA (Trastorno dentro do espectro autismo) e de “plurideficiencias”. Actualmente compaxina a formación a docentes e o Gabinete Psicopedagóxico de Innova Educación Integral co seu traballo como titora de aula de educación especial no centro ordinario Santiago Apóstol de Soutomaior.Conta cun Máster en Psicopedagoxa Clínica, Lingua de Signos, Psicomotricidade, PECs, Estimulación en Parálisis Cerebral, TEA, etc.

Todo isto acompañarase cunha exposición de materiais pedagóxicos e materiais adaptados para persoas con autismo: caixas e materiais TEACCH, sensoriais, contos adaptados, libros, material manipulativo, adaptación de actividades da vida diaria, etc.

Haberá tamén contos adaptados para nenos/as con TEA realizados polo alumnado de 1º ESO do Santiago Apóstol de Soutomaior. A actividade é de balde e vai dirixida a familias, profesorado e persoas interesadas no tema.

Haberá unha monitora que realizará actividades de lecer dirixidas aos nenos e nenas que veñan coas súas familias.

 

 

Accesos : 653