Category Image  OBRADOIROS / Plan Municipal de Voluntariado 
logo-si-quero-colaborar300.png
Fai Voluntariado! 

Do: 31-12-2018 ó: 31-12-2019
Inscricións ata: Martes, 31. Decembro 2019
Horarios: Horarios variables
Destinatarios: 12 e + máis
Menores: (menores con autorización)
Prazas: Sin límites
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade

DESCRICIÓN
Quen é unha persoa voluntaria?
É toda persoa física que, de modo libre, altruísta e responsable, realiza actividades a favor de persoas ou do interese colectivo no seo de entidades de acción voluntaria, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e sen percibir ningún tipo de contraprestación económica.
 
Quen pode ser persoa voluntaria?
Toda persoa que sexa sensible coas problemáticas da comunidade. Tan só é necesario dispoñer dalgún tempo para desenvolver algunha acción voluntaria e o compromiso persoal de levala a cabo. As accións voluntarias poderán ter algún requisito específico dependendo das características propias de cada acción e do perfil das persoas destinatarias.
As persoas menores de idade poderán participar en programas e proxectos de voluntariado especificamente adaptados ás súas características, mediante autorización expresa do seu pai/nai, dos seus titores/as ou da institución que os teña ao seu cargo, con respecto en todo caso á vontade da/o menor e tamén en función das características propias da acción voluntaria.
 
Por que ser voluntario/a?
Ademais, da gratificación persoal que se pode acadar colaborando de xeito altruísta en actividades que benefician á comunidade e polo tanto a todos e todas, o Concello de Soutomaior, certificará a actividade das persoas voluntarias con constancia dos seus datos persoais, da actividade desenvolvida e da súa duración. Esta experiencia pode ser moi útil para mellorar o currículo profesional.
 
Inscricións e documentación necesaria
É obrigatorio inscribirse previamente para participar nesta xornada PORQUE cada acción forma parte do Plan Municipal de Voluntariado e a lexislación esixe que as persoas voluntarias estén dadas de alta para así contratar os seguros de RC, garantir os seus dereitos e tamén que sexan informados/as das súas obrigas (Lei 3/2000, de decembro do Voluntariado de Galicia).
 
  • Fotocopia de DNI
  • Acordo de colaboración (descarge, imprima, asine e entregue na OMIX)

Descargar adjuntos:
 Compromiso Voluntariado (Menores) 
 Compromiso Voluntariado (Adultos)

  • Si es menor de idade: DNI titor/a e a documentación asinada polo teu titor/a.
  • Máis información e inscrición: na OMIX, Tel. 986700822, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Concellerías implicadas: Concellería de Educación, Concellería de Xuventude, C. Participación e Voluntariado

 

Inscrición en LIÑA

Actividade
Participante

O/a participante é a persoa que vai participar na actividade, en caso de ser menor de idade deberán rexistralo/a o seu pai/nai/titor na seguinte páxina

Documento de Identidade
Empadroado/a
Está o/a Participante empadroado/a no Concello de Soutomaior?

* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Lea: Normas e Condicións.

Enderezo
Contacto co/a Participante
Normas e Condicións
Autorización envío de información

Autorizo ó Concello de Soutomaior a enviarme información sobre outras actividades que organiza ó meu correo electrónico?

Autorización uso das imaxes

Para poder participar nesta actividade debe aceptar o uso institucional que o Concello de Soutomaior poida facer das imaxes ou vídeos que se fagan durante a actividade.

Sinatura do/a Participante

Declaro que son maior de idade. Faga a súa sinatura co dedo. Si non lle parece que saiu ben a sinatura, borre e volva a facela.


Accesos : 291