Un traballo ao redor da figura de Pedro Madruga
Un traballo ao redor da figura de Pedro Madruga
Os alumnos e alumnas co CEIP Manuel Paín Truiteiro levan meses traballando ao redor da figura de Pedro Madruga, un traballo que non só fai que o alumnado adquira coñecementos sobre Pedro Álvarez de Soutomaior senón tamén como era a vila de Soutomaior nesa época, como se vivía e cal era a xerarquía referente á época. Para integrarse máis na época o propio colexio e con traballos dos alumnos e alumnas foi decorado como se dun castelo se tratara así deste xeito o alumnado trasládase por completo ao século XV. A idea principal é a de aprender cal foi a figura de Pedro Álvarez de Soutomaior máis coñecido como " Pedro Madruga" pero a maiores levarán todo o aprendido no centro ata o propio Castelo de Soutomaior onde alí interpetaán cada un o papel no que levan tempo traballando. Sen dúbida algunha o CEIP Manuel Padín Truiteiro é un dos centros onde a ensinanza e a diversión son totalmente compatibles, proxectos coma este ou a propia radio do colexio son mostra do bo traballo realizado.
Entrega de premios do XVIII Concurso de Postais de Nadal
Entrega de premios do XVIII Concurso de Postais de Nadal
O Concello de Soutomaior entregou os premios do seu tradicional concurso de postais do Nadal. Un certame que este ano incluía unha nova categoría, a de felicitacións en formato audiovisual, e que rexistrou un novo record de participación ao presentarse 332 propostas de todas as idades. O certame está dirixido a toda a poboación do municipio e especialmente á infancia e á mocidade. O obxectivo do concurso é promocionar a creatividade e a expresión plástica entre a poboación de Concello de Soutomaior; sensibilizar á infancia sobre os valores positivos que transmite o Nadal e fomentar a participación dos nenos durante as festas. As postais presentadas, nas súas categorías de Simple e Tridimensional, eran de soporte e técnica libre para fomentar ao máximo a creatividade dos participantes. A única norma é que debe ser aptos para a súa exposición e manexo. Nas postais audiovisuais a única restrición era de tempo, 3 minutos, e o idioma, de que debería ser galego e facer referencia á temática do concurso,“Felicitación de Nadal/ Aninovo dende Soutomaior”. Os vencedores na disciplina de postais simples foron: na categoría A, de 2 a 4 anos, por esta orde, A...
Os Reis Magos visitaron o Concello de Soutomaior
Os Reis Magos visitaron o Concello de Soutomaior
A visita dos tres Reis Magos ao Condecello de Soutomaior comezou pola mañá concretamente no concello de Soutomaior onde un grupo amplo de nenos e nenas esperaba impacientemente a chegada das súas Maxestades Tras a súa chegada,foron recibidos polo Alcalde Agustín Reguera Melchor, Gaspar e Baltasar saudaron , xunto coa súa comitiva Real, e recolleron as cartas dos nenos e nenas que aínda non foran enviadas. Os nenos e nenas alí presentes tiveron a sorte de poder conversar un ratiño cos tres Reis Magos, e unha vez rematada a súa visita puideron acompañalos no mesmo tren no que chegaron ao Concello Xa a partir das 17,00 horas comezou o desfile en Arcade dende a rúa Calvario ata a Alameda de Talo Río, os Reis Magos formaron a súa comitiva no mesmo tren turístico da mañá acompañados dos agraciados no sorteo dos rexistrados en liña para acompañaron ás súas Maxestades. A comitiva Real durante o percorrido foi acompañada dun espectáculo itinerante ambientada no “Mundo do Circo” interactivo con moita música, cor e diversión a cargo de: zancudos, malabaristas, mono-ciclistas , etc Unha vez chegada a comitiva a Tallo Río os centos de nenos e nenas qu...
Os cans chegan ao IES de Soutomaior
Os cans chegan ao IES de Soutomaior
Máis de 100 alumnos do IES Soutomaior participaron nun novo proxecto que o Concello de Soutomaior está a levar ás aulas do municipio, mellorar as habilidades sociais dos máis novos coa axuda de cans. A iniciativa, enmarcada dentro do programa xuvenil de intervención social nos centros educativos do Concello , busca a axuda dos animais para incidir na aceptación das diferenzas, a mellora da autoestima e potenciar a empatía. Mediante sinxelos exercicios e xogos cos cans, os alumnos traballaron conceptos básicos para as relacións sociais como a paciencia, o traballo e dedicación que con leva todo proceso de aprendizaxe ou como tolerar a frustración, por exemplo, para comunicarse cos cans. Dado que os cans non falan o mesmo linguaxe que eles, os nenos necesitan aprender a usar outros medios para entenderse, como a linguaxe corporal. Con accións e xogos deste tipo, os profesionais buscan que o neno empatice co can e que, a través dese vínculo, poida entender como sente. Desta maneira, os mozos aprenden como ir mellorando as súas relacións, creando actitudes e hábitos que favorecerán as súas relacións interpersoais durante toda a súa vida.
"Este ano temos un Nadal moi compreto de actividades"
Un ano máis a Concellería de Cultura ten unha programación máis que ampla para todas e todos os nenos e nenas do Concello, unha das actividades que este ano cumpre 18 anos é o concurso de Postais de Nadal no que ó alumnado dos colexios e institutos de Soutomaior volverán a concursar un ano máis, ás coñecidas postais de Nadal uníronse dende hai un par de anos as postais audiovisuais que tanta aceptación está a ter nos rapaces e rapazas. Conta contos, Festivais, Teatro, concertos pero o que este ano ten preparado o Concello para o día 5 de xaneiro é o seguinte Na mañá do domingo 5 de xaneiro ás 12.00 h as súas Maxestades chegarán á Casa do Concello para recibir a todas as familias. Xa, pola tarde, ás 17 h as súas maxestades desfilarán desde a rúa do Calvario ata a Alameda Talo Río en Arcade, acompañados por unha Comitiva Real da que ti tamén poderás formar parte. Ademais, de participar como espectador/a do desfile este ano haberá a posibilidade de formar parte da Comitiva Real pois haberá un TREN que tamén acompañará durante o desfile. As prazas serán limitadas e polo tanto, para participar no sorteo de prazas terás que anotarte previament...
A Biblioteca Municipal de Soutomaior recibe a máis de 2.000 usuarios ao mes
A Biblioteca Municipal de Soutomaior recibe a máis de 2.000 usuarios ao mes
A biblioteca Municipal de Soutomaior recibe a máis de 2.00 usuarios ao mes segundo a súa bibliotecaria Patricia Saavedra é froito dunha traballo previo ben realizado por parte dos responsables da sección. Na Biblioteca Municipal de Soutomaior non só está deseñada para o préstamo de libros senón que a maiores dispón de club de lectura, aulas de estudo e ata un pequeno teatro onde todos os Xoves hai actuacións de conta contos, unha actividade que forma parte para fomentar o uso da lectura. Manuel Gómez traballa por segunda vez na Biblioteca e coméntanos como son os dous tipos de usuarios que acoden ao centro, os que van de mañá normalmente a ler o xornal e os que adoitan a ir de tarde, normalmente a estudar e máis ó intercambio de libro. Unha das peculiaridades desta Biblioteca é o novo carné co que podes retirar ata un máximo de cinco libros e tres películas e que ademais esta dentro da rede de bibliotecas galegas, iso significa que podes acudir a calquera outra biblioteca dentro da Rede e retirar un libro.
O Belén xa conta coas tres figuras novas
O Belén xa conta coas tres figuras novas
Este novo Belén inclúe tres novas figuras que recrean en tamaño natural a tradicional estampa do nacemento talladas en madeira. Ao neno, a Virxe María e San José, únenselle este ano as figuras do Boi, a Mula e o Anxo. As novas figuras, segundo indicou o alcalde, Agustín Reguera, xa están pensadas para que os nenos e nenas poidan subirse a elas e facerse as súas fotografías do Nadal. Explica o alcalde que logo do éxito do ano pasado e vendo que todos os veciños facíanse fotos co nacemento, decidiron pedirlle ao artista que as figuras dos animais fosen tombadas «así son máis cómodas, accesibles e seguras para todos». O autor das figuras, Marcos Mariño, é escultor de madeira especialista en talla con motoserra e recentemente foi o primeiro español convidado ao campionato internacional de talla, celebrado na localidade rusa de Tomsk, e no que se clasificou entre o dez primeiros.
En liberdade o acusado de abusar de varias pasaxeiras no tren Vigo-Madrid
En liberdade o acusado de abusar de varias pasaxeiras no tren Vigo-Madrid
O mozo con chaleco amarelo e gorra destas imaxes das cámaras de seguridade da estación está acusado de abusos sexuais a catro mulleres no tren que fai a ruta Vigo-Pontevedra. Foi detido pola Brigada Móbil de Madrid o pasado luns. É un home de 21 anos que reside no municipio de Soutomaior, en Arcade, e con antecedentes por delitos de natureza sexual. De feito tiña vixentes dúas ordes de afastamento de anteriores vítimas de abusos. Renfe recibiu numerosas denuncias dende o pasado mes de agosto de mulleres que sufriron tocamentos no tren, e a Policía Nacional trasladou efectivos da capital á Vigo para investigalo. Dous axentes de paisano subiron ao tren de media distancia que pasa por Arcade en dirección a Vigo e descubriron o sospeitoso, que opuxo moita resistencia no momento da detención. Prestou declaración ante o xuíz de instrución numero 8 de Vigo e logo dun exame forense e psicolóxico quedou en liberdade con cargos. Fonte :TVG
Marcos Mariño realiza novas pezas para o nacemento
Marcos Mariño realiza novas pezas para o nacemento
O Belén instalarase na Praza da Ostra este xoves día 5 de decembro e inclúe tres novas figuras que recrean en tamaño natural a tradicional estampa do nacemento talladas en madeira. Ao neno, a Virxe María e San José, únenselle este ano as figuras do Boi, a Mula e o Anxo que, segundo a tradición cristiá, foi quen avisou aos pastores da chegada do neno Jesús. As novas figuras, segundo indicou o alcalde, Agustín Reguera, xa están pensadas para que os nenos e nenas poidan subirse a elas e facerse as súas fotografías do Nadal. Explica o alcalde que logo do éxito do ano pasado e vendo que todos os veciños facíanse fotos co nacemento, decidiron pedirlle ao artista que as figuras dos animais fosen tombadas "así son máis cómodas, accesibles e seguras para todos". O nacemento conservará este ano o seu lugar na Praza da Ostra de Arcade, pero como a intención municipal é que vaia crecendo cada ano, a partir do 2020 terase que valorar unha nova localización. O sitio dependerá das novas incorporacións que poderían contemplar figuras dos Reis Meigos, os pastores e máis animais até completar un nacemento único e exclusivo de Soutomaior. O autor das figuras, Marcos M...
Soutomaior deu por comezado o Nadal
Soutomaior deu por comezado o Nadal
O Concello de Soutomaior deu por inaugurado o Nadal o pasado venres na praza de Talo Río cun espectáculo dirixido a toda a familia, cheo de luz, música e moita maxia. Sobre as 17,30 horas deu comezo as actividades previas ao aceso na que houbo unha festa infantil con animación musical, agasallo de gorros de papa Noel, xogos, panxoliñas, etc. Sobre as 19,00 horas, coa chegada á Alameda das fascinantes medusas feitas con globos e con luz que danzaron ao ritmo da música nadando entre o público, procedeuse ao aceso de máis de 40 arcos luminosos, motivos do Nadal en farois, elementos decorativos en 3D, Belén e bóla de nadal que se distribuien ao longo do Concello.
Pleno Concello Soutomaior mes de novembro
Pleno Concello Soutomaior mes de novembro
Pleno ordinario do Concello de Soutomaior celebrado o xoves 28 de novembro entre os puntos a tratar foi a moción sobre o antigo edificio coñecido como "Oliveira" sito no lugar do colexio Manuel Padín Truiteiro que nestes momentos está es desuso e forma parte da Xunta de Galicia.
3ª Gala do Deporte Concello de Soutomaior
3ª Gala do Deporte Concello de Soutomaior
O Concello de Soutomaior celebrou a 3ª Gala do Deporte, unha vez máis os deportistas de Concello volveron ser os protagonistas, o acto tivo lugar no Multiúsos de Arcade onde rexistrou un cheo absoluto. Durante a hora que durou o evento varios foron os deportistas galardoados facendo mención especial naqueles deportistas que nos anos 60 tiveron un protagonismo deportivo de éxito no Concello, por terceira vez consecutiva a Concellería de Deportes premiou de maneira individual e colectiva aos máis destacado e como dixo o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera " os premios son froito de todo o esforzo e traballo durante o ano, e o importante destes premios é que non os decide o Concello se non as propias entidades deportivas de Soutomaior".