Arcade celebrou o entroido cos máis pequen@s
Arcade celebrou o entroido cos máis pequen@s
O Venres 1 de marzo celebrouse a tradicional festa de entroido infantil organizada pola Concellería de Cultura na alameda de Talo Río, obradoiros de cociña, de tatuaxes con purpurina e un espectáculo teatralizado “Bailemos coma tolos” onde houbo bailes, coreografías, probas, xogos e bromas... un baile de entroido participativo, divertido e molón! onde centos de rapaces e rapazas pasaron unha tarde do máis divertida. E para endulzar a tarde, non faltou o tradicional posto de máquina de pombiñas e de algodón de azucre . Con esta festa o Concello deu por iniciado o entroido no Concello de Soutomaior que rematará o vindeiro domingo día 10 có desfile de Comparsas a partir das 17.00 h.
Arcade conta cun rocódromo e un circuíto viario para nen@s
Arcade conta cun rocódromo e un circuíto viario para nen@s
No día de onte celebrouse no Peirao de Arcade unha festa de posta en servizo do circuíto de educación viaria e o recódromo infantil. Desde a primeira hora da tarde os rapaces e rapazas do Concello agardaban impacientemente a inauguración do circuíto para deste xeito poder subirse aos cars que o Concello de Soutomaior ofreceu gratuitamente A educación viaria infantil debe ser educación en valores e actitudes xa que teñen as súas raíces na convivencia e no respeto a todos. Neste circuíto con todo un seguido de carrís para que os máis pequenos teñan o primeiro contacto coa bicicleta urbana. É un Circuíto de sentido único e obrigatorio onde os nenos teñen que seguir a sinalización de dirección. Para amenizar esta posta en servizo o acto estivo amenizado cunha serie de animacións de rúa tales como o “autobús clown”, “cascarolos”, ”monociclo”. “Mini bici”, etc. Así mesmo foi tamén inaugurado o recódromo situado no parque infantil xa que por falta dunhas medidas de seguridade non puido ser utilizado ata o día de onte, para alcalde de Soutomaior Agustín Reguera tanto o circuíto viario coma o recórdomo forman parte da posta en valor do ...
Seguridade Viaria na presentación de  “ColeRoteiros”
Seguridade Viaria na presentación de “ColeRoteiros”
O aparcadoiro do Peirao de Arcade transformouse nun enrevesado circuíto de de karts no que gran cantidade de nen@s do Concello de Soutomaior gozaron dunha divertida tarde aprendendo normas de seguridade viaria. O obxectivo desta campaña, organizadapor a concellería de Educación, é concienciar aos nenos desde unha idade temperá sobre a importancia de respectar as normas de circulación, tanto de condutores como de peóns, como unha regra básica de convivencia na sociedade. A iniciativa contaba con karts de diferentes clases adaptados ás necesidades e características dos nenos segundo a súa idade. Así, os maiores de 10 anos gozaron aprendendo a conducir un kart eléctrico mentres os máis pequenos practicaron cunha versión de pedais. Ademais do circuíto de karts, a iniciativa incluía diversos talleres creativos para os pequenos, unha zona de lectura con contacontos e a presenza de “Roti”, a mascota do proxecto “ColeRoteiros”, que centrou a atención dos máis novos na zona de música e animación.
Unanimidade á hora de defender ao sector marisqueiro
Unanimidade á hora de defender ao sector marisqueiro
O pleno de Soutomaior acordou onte, en sesión extraordinaria, esixir á Xunta prazos para a mellora das depuradoras deste municipio para garantir o saneamento da ría e unha partida de axudas para o sector marisqueiro. Todos os grupos da corporación municipal apoiaron a proposta do BNG de enviar un escrito a Augas de Galicia para esixir que se inicien coa maior urxencia as obras nas plantas de depuración. O portavoz nacionalista, Manu Lourenzo, destacou que "o saneamento da ría é algo que debe unirnos a todos, en Soutomaior levamos demasiado tempo esperando por solucións", e xustificou a moción plenaria "para que o saneamento execútese dunha vez por todas e para que podamos atender ás necesidades do noso sector marisqueiro."
SOUTOPEQUENO un festival de cine e música infatil  para o mes de marzo
SOUTOPEQUENO un festival de cine e música infatil para o mes de marzo
Na mañá do venres o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera e a edil de cultura Dolores Cernadas presentaron o que será o primeiro festival de cine e música infantil ( SOUTOPEQUENO) que se celebrará no mes de marzo entre os días do 28 ao 31 de marzo. Reguera salientou a implicación do Concello de Soutomaior cos rapaces e rapazas do municipio e froito da implicación naceu SOUTOPEQUENO xa que para Agustín Reguera os cativos/as de Soutomaior son peza fundamental do Concello. Reguera cualificou o Festival SOUTOPEQUENO como unha das apostas máis importantes e agarda que sexa todo un éxito, para a concelleira de Cultura Dolores Cernadas a involucración das familias neste Festival é fundamental e dende a súa Concellería facilitouse ao máximo todo o preciso para a organización do evento. Cernadas convida a todas as familias do Concello de Soutomaior a participar nos días do 28 ao 31 de marzo e augura un éxito rotundo ao que será o primeira festival de cine e música infantil "SOUTOPEQUENO"
No festival infantil SOUTOPEQUENO a diversión está garantida
No festival infantil SOUTOPEQUENO a diversión está garantida
O actor e titiriteiro Miguel Borines presentou xunto ao alcalde de Soutomaior Agustín Reguera e a concelleira de Cultura Dolores Cernadas o que será o primeiro festival de cine e música infantil "SOUTOPEQUENO" Borines é un dos creadores do Festival e o seu curriculum á hora de organizar actividades culturais é todo un éxito, xa que formou parte da organización do Festival de Títeres de Redondela , do festival de curtametraxes Redondela en Curto entre outros. Borines agradeceu ao Concello de Soutomaior a xenerosidade coa que foi recibido "SOUTOPEQUENO" e non dudou á hora de garantir un éxito rotundo ao Festival, un Festival que conta cunha programación do máis punteira tanto en cinema como en actividades musicais que son dous dos referentes de "SOUTOPEQUENO" Ademais de cinema e concertos poderemos presenciar por primeira vez nun Festival unha selección dos mellores homes e mulleres orquestra do mundo, así coma unha serie de concertos do máis suculento para o público infantil. Lembrar que o Festival serán os días 28, 29, 30 e 31 de marzo
A Semana da Ciencia de Soutomaior visita o Instituto
A Semana da Ciencia de Soutomaior visita o Instituto
A Semana da Ciencia en Soutomaior é unha proposta educativa coa que se pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico - tecnolóxicos mediante accións cunha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica que motiven a participación e interacción da poboación en xeral. Unha proposta coa que tamén se conmemorou o día internacional da nena e da muller na ciencia que se celebrou o 11 de febreiro co obxectivo de acadar o acceso e a participación plena e equitativa e visibilizar as contribucións que as mulleres, fan e fixeron, durante toda a historia da humanidade nestes ámbitos. Trátase dun programa municipal promovido pola Concellería de Educación no que colaboran as Concellerías de Igualdade e de Xuventude xunto coa Biblioteca Municipal Luís Seoane. En definitiva queremos contribuír a aumentar o nivel de cultura científico-tecnolóxica da cidadanía en xeral porque a experimentación e a curiosidade, non teñen idades nin xénero, e apostar polo fomento das vocacións científicas entre a xuventude nas diferentes áreas do saber.
Semana da ciencia no Concello de Soutomaior
Semana da ciencia no Concello de Soutomaior
Gas radon e os seus efectos sobre a saúde. Venres 8 de Febreiro ás 20,00 horas – Multiusos de Arcade Dentro da semana da ciencia no Concello de Soutomaior prográmase esta conferencia a cargo de Raquel Barbosa Lorenzo. Médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública no Hospital de Lugo. Compaxinou a súa formación en Medicina coa realización da súa tese doctoral cuxo titulo é “Uso epidemiolóxico dos mapas de Radon en Galicia” A actividade investigadora centrouse en analizar o efecto do radon sobre a saúde. O radon foi considerado como perxudicial pola Axencia Internacional do Cangro en 1988, polo seu efecto demostrado sobre o cancro de pulmón. Galicia, de feito, presenta zonas con elevada concentración de radon
FrutoDs, unha empresa pioneira no concello de Soutomaior
FrutoDs, unha empresa pioneira no concello de Soutomaior
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado polo delegado @de la Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, visitou a nova sede da empresa tecnolóxica FrutoDS instalada na rúa dá Pedreira. A construción das novas instalacións contou unha axuda procedente do plan Leader de Agader para a modernización e equipamento do estudo. FrutoDS é un estudo de deseño ideado como laboratorio de I+D+i para a optimización de procesos industriais en sectores tan diversos como o do mobiliario urbano, sistemas de climatización ou a xoiería. As súas novas instalacións, segundo indican desde FrutoDs, permiten ao estudo dispoñer do espazo e o equipamento necesario para todo o proceso de deseño e produción de pezas por impresión 3D, a súa posterior montaxe e a realización de ensaios sobre prototipos de novos produtos. “Para o noso municipio é un orgullo acoller iniciativas como esta”, destacou Reguera durante a visita, ao que engadiu que “é un exemplo de startup, e o mellor é que é 100% galega desde o proceso de deseño ata o de produción final”. Do mesmo x...
Pleno ordinario mes de xaneiro
Pleno ordinario mes de xaneiro
A pasada semana celebrouse no Concello de soutomaior o pleno ordinario dorrespondente ao mes de xaneiro, nel tratáronse varias mocións entre elas a presentada polo grupo Socialista en referencia a sanidade pública de Soutomaior
Temos que almorzar saudable para ter forzas durante o día.
Temos que almorzar saudable para ter forzas durante o día.
Tortiñas con chocolate, tortilla, un anaco de pan e zume de plátano foi o almorzo que Noa escolleu o seu compañeiro de escola, Pedro escolleu xamón, queixo, chourizo, tortilla e unha tortiña de chocolate. A posibilidade de escoller estes almorzos saudables foi grazas ao Obradoiro de Emprego do concello de Soutomaior "Río Pequeno" que dentro das actividades do mesmo convidaron aos colexios Manuel Padín Truiteiro e Santiago Apóstol para degustar un almorzo saudable realizado polos propios alumnos e alumnas do curso. Ao rematar o almorzo os rapaces puideron realizar un obradoiro de sushi impartido polos mesmos alumnos do curso de "Río Pequeno" nel ensináronlles as técnicas e trucos para realizar un bo Sushi
Este obradoiro é unha posibilidade de emprego para os alumnos/as
Este obradoiro é unha posibilidade de emprego para os alumnos/as
Este obradoiro é unha posibilidade de emprego para os alumnos/as coméntanos o seu director Camilo, á idea e a de formar a todos os alumnos e que saian coa formación correcta á hora de atopar un traballo. A día de hoxe cremos que para camareiro vale calquera é iso é un tremendo erro, un bo camareiro ten que formarse e esta é a idea do curso, aquí non so formamos a camareiros xa que temos máis disciplinas como as Operacións básicas de cociña e Servizos de Restaurante e Bar. Unha das particularidades deste taller de emprego é a súa función social a través de diversas actividades. En primeiro lugar, está a súa función como comedor social, que, en coordinación con Cáritas, permitirá cubrir as necesidades básicas de alimentación dos veciños con dificultades económicas. Por outra banda, está a súa función de promoción dunha dieta equilibrada entre distintos colectivos da poboación mediante a realización de xantares saudables que os alumnos do taller prepararán e servirán. En concreto están programadas xornadas cos escolares dos distintos centros de ambos os municipios ademais de actividades con grupos da 3ª idade