Centos de persoas saíron á rúa no desfile das comparsas
Centos de persoas saíron á rúa no desfile das comparsas
O Concello de Soutomaior celebrou este domingo día 10 de marzo o seu tradicional desfile de Entroido. As 20 comparsas demostraron ante os c entos de persoas que as agardaban a súa creatividade e imaxinación nun colorido desfile de Entroido, cargado de orixinais creacións e moito humor. O desfile deu comezo ás 17:00 horas no cruze da avenida Xosé Solla co Calvario. Desde alí, as agrupacións desfilaron ao son da música ata a Alameda Talo Río. A xornada terminou cunha gran festa chea de diversión e música onde a actuación do grupo “ 3. Com .
Debemos de reinvindicar as desigualdades na muller
Debemos de reinvindicar as desigualdades na muller
Cristina González é a concelleira da Muller do concello de Soutomaior para ela o día 8 de Marzo é un día distinto, non so como muller se non como cargo ó que representa. Cristina considera que as datas sinaladas no calendario como pode ser a do 8 de Marzo son para poder reivindicar aínda que tamén nos comenta que a loita é día a día. Como muller considera que hai moito que facer é loitar para que poida haber un igualdade de xénero hoxe en día. Dende o Concello de Soutomaior e dende a Concellería de Igualdade levan varios meses traballando ó redor do 8 de Marzo sobre todo nos centros escolares con diversas charlas e obradoiros para concienciar aos máis cativ@s, unha das actividades para clausurar as actividades nos centro estaba programada para este xoves 7 de marzo pero pola climatoloxía houbo que suspendela xa que se trataba da elaboración dun graffiti e un concerto. Outro dos programas da Concellería titúlase "Empoderamento para o bo trato e o autocuidado" o programa consta de varias accións unha delas está formada polo programa "Namórate de ti" que fomenta o autocuidado e o aprecio a quererse a unha mesma.