Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Igualdade 
18-Obradoiro-de-Memoria.jpg
Obradoiro de Memoria  (8 sesións x 1,5 hs.)

 

Do: 08-03-2018 ó: 26-04-2018
Inscricións ata: Luns, 5. Marzo 2018
Horarios: Os xoves de 16:30 a 18:00 h.
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: Limitadas
Lugar da actividade: Centro da Terceira Idade, Talo Río

DESCRICIÓN

Programa de estimulación cognitiva

Obxectivos:

  • Estimular as funcións cognitivas como a memoria, a atención, a orientación, a linguaxe, as gnosias, as praxias, etc., co obxectivo de mellorar e/ou ralentizar un posible deterioro cognitivo da persona
  • Estimular a función respiratoria e a relaxación mental, permitindo focalizar a atención na actividade que imos  realizar e deixando en segundo plano as preocupacións e o estrés diario
  • Orixinar e impulsar as relacións grupais, mellorar as habilidades sociais, motivar e ocupar aos participantes, aumentar a autoestima, diminuir a sensación de vergoña e mellorar o sentimento de frustración a través desta actividade satisfactoria e exitosa.   
  • Desenvolver e potenciar a creatividade a través da música, o teatro e a escrita.
  • Buscar recursos para romper a rixidade mental.

 

Contidos e materiais:

  • 1ª sesión: Xogo teatral: presentación da persoa e persoeiro. Valoración inicial 
  • 2º sesión: Cadeira da autoestima: grandes momentos que recordar. 
  • 3ª sesión: A memoria: claves e trucos para mellorar o esquecemento benigno. Cómo funciona a memoria
  • 4ª sesión: Xogo teatral: protagonista e antagonista
  • 5ª sesión: Traballo de concentración: “Quen/eu/sí/non” “Asasino” “Pasar a palma”
  • 6ª sesión: Atención visual: “Mira e recorda” “Grandes asociacións”
  • 7ª sesión: Xogos de negociación: “A travesía do arroz”
  • 8ª sesión: Despedida. A festa do recordo

O programa consistirá en 8 sesións cunha duración de 1h e 30 min (16:30-18:00h) 1 día por semana en horario de tarde (xoves).

 

O obradoiro dará comezo o xoves 8 de marzo e rematará o 26 de abril.


 

ff0000;">

Accesos : 1279