fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 07 Agosto 2018 12:57

Festa da Familia 2018

Festa da Familia 2018

O Concello de Soutomaior celebra mañá a  “V Festa da Familia” - Peirao de Arcade mércores 8 de Agosto a partir das 17,00 horas

A celebración contará con atraccións inchables, espectáculo de pompas de xabón xigantes e moitas actividades para nenos dende 1 a14 anos.

O Peirao de Arcade encherase mañá de xogos e actividades na V Festa dá Familia organizada polo Concello de Soutomaior.

Unha tarde na que non faltará a clásica festa da escuma para nenos e maiores, castelos inchables, atraccións mecánicas e acuáticas ademais de moita música.

A festa comezará a partir das 17:00 horas na chaira do Peirao de Arcade, onde se instalarán as atraccións inchables, como a de Harry Potter ,o acuarioa ou a táboa de surf.

Ao seu lado, varias atraccións acuáticas axudarán a axudar a soportar mellor a calor

Os maiores ( 6 a 14 anos) contarán  cunha proposta específica para eles, o divertido xogo da varredora mecánica, onde terán que poñer a proba a súa astucia para librarse da caída.

Outra boa forma de refrescarse será a tradicional festa da escuma, sobre todo para os adultos que tamén poderán reunirse cos seus fillos debaixo do canón de burbullas para combater a calor.


Publicado en Cultura
Visto 2656 veces