fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 13 Agosto 2018 10:47

Teatro ó Cubo “Ghop”

Teatro ó Cubo “Ghop”

Alameda Talo Río – Mércores 15 de agosto ás 21,00 h.

Espectáculo de novo circo a cargo de Teatro ó Cubo


Ghop! vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra soe completa non quede muda como sempre? Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas.

Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.

Teatro ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.


Publicado en Cultura
Visto 1608 veces