fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 20 Agosto 2018 12:41

Espectáculo: Vive o Camiño

Espectáculo: Vive o Camiño

Silvia Penide e Celso Fernández Sanmartín “Celsiño”

Alameda Talo Río - Mércores 22 de Agosto - 22,00 horas

O Xacobeo organiza unha serie de espectáculos que van recorrer Galicia neste verán.

O Concello de Soutomaior, contará cunha actuación musical e de contacontos a cargo de Silvia Penide e “Celsiño”.

A primeira, amosaranos un percorrido cheo de historias tanto contadas como cantadas no que se dará visibilidade e relevancia absoluta á figura da Muller autora. Unha viaxe que nos animará a desfrutar, valorar e aplaudir ás nosas autoras universais.

Por outra banda, Celso Fernández Sanmartín “percorre” Galicia dun xeito moi particular. A través de historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén europea, asentadas na cultura agrícola – gandeira e pedestre pero tamén cun toque contemporáneo.

“Celsiño” entende que se os camiños non se manteñen, pérdense. E hai camiños como o de Santiago que ofrecen un beneficio de puro sentido vital. De ahí que sexa necesario mantelos, vivilos e promocionalos.


Publicado en Cultura
Visto 1913 veces