fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 26 Marzo 2015 20:41

A Esmorga

A Esmorga / Foto: CINE GALEGO COA PELICULA "A ESMORGA"

A proxección comezará ás 21:00 no Multiúsos de Arcade

No marco da programación cultural municipal, o Concello de Soutomaior retoma a súa aposta polo cine e as proxeccións no Multiúsos de Arcade cunha das mellores películas do cine galego.

A Esmorga, unha película baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilary protagonizada por Miguel de Lira,Karra Elejalde e Antonio Durán "Morris".

A Esmorga ofrece unha intensa crónica de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de festa que, deixando tras de si un regueiro de destrución, de sexo equivoco e reprimido, van pechando portas e tirando as chaves, como para non querer volver e encarasen o seu pernicioso destino con coñecemento de causa e fin.

Unha das mellores longametraxes en galego e que vén avalada polas súas cifras: mellor estrea do ano en España entre as películas con menos de 100 copias e a segunda mellor recadación media no fin de semana da súa estrea.


Publicado en Cultura
Visto 3600 veces