fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 26 Outubro 2018 11:16

Os fabulosos Cleaners e Os Rockensein no Multiusos

Os fabulosos Cleaners e Os Rockensein no Multiusos

Multiusos de Arcade

Sábado 27 ás 20,00 horas

“Os fabulosos Cleaners”

Trátase dun espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Dous operarios de limpeza do teatro, descobren as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combiandas con auga e xabón. Emprenden entón unha excitante viaxe conducidos polas pompas e burbullas.

Domingo 28 ás 18.00 h

“Os Rockenstein”.

Esta obra é unha proposta musical e creativa donde se mistura a música, o baile e o teatro.

A través de 9 cancións orixinais e en directo, os nenos aprenderán a importancia de asearse adecuadamente, de alimentarse ben, de aprender cada materia que lles ensinan na escola, de escoller un oficio, de coñecer as xentes tan diferentes que habitan o noso planeta e tamén a importancia de saber coidalo cando é necesario.


Publicado en Cultura
Visto 1251 veces