fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Novembro 2018 10:37

Concerto 150 anos Banda de Música Artística de Arcade

Concerto 150 anos Banda de Música Artística de Arcade

 O domingo día 2 de decembro a partir das 12,30 h. no Multiusos de Arcade celebrarase a Festividade de Santa Cecilia cun concerto.

 O concerto servirá para dar unha pequena homenaxe a todos os que dalgunha maneira contribuíron a que a Banda de Música Artística de Arcade poida estar a celebrar neste momento os seus 150 anos de vida.

A Banda de Arcade convidou a que toquen con eles no concerto a todos os músicos que pasaron pola súa formación.


Publicado en Cultura
Visto 1288 veces