fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 14 Decembro 2018 13:50

Actividades fin de semana - 15 e 16 decembro

Actividades fin de semana - 15 e 16 decembro

Fin de semana de moitas actividades distintas programadas dentro Concello de Soutomaior. O sábado 15 terá lugar a excursión familiar ao parque de Nadal de Perlim (Portugal), un lugar perfecto para compartir ilusión e divertirse porque conta con máis de 20 áreas temáticas.

Ás 20,30 horas o Multiusos de Arcade acollerá un concerto de habaneras onde actuarán Lembranzas Moañesas e Airiños do Mar de Teis. Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural Pedro Madruga.

Xa o domingo 16 a partir das 12,00 horas terá lugar o Festival de patinaxe no Pavillón Municipal a Montesiña onde o Club Patinaxe Artística Soutomaior faranos unha demostración das súas coreografías e o progreso dos seus distintos grupos de deportistas.

E por ultimo ese mesmo domingo a partir das 18,00 horas no Multiusos de Arcade poderase ver o Festival de Nadal da Escola de Baile Artmadance Salsarrica Arcade con dous invitados especiais :Jose Gomez músico formado en Ateneo jazz Madrid e Miguel de Combarro participante en festival internacional da canción Punta do Leste en Uruguai.


Publicado en Cultura
Visto 1323 veces