fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 17 Decembro 2018 10:21

Pesebre do Nadal

Pesebre do Nadal

A praza da Ostra de Arcade loce unha representación do clásico pesebre do Nadal moi especial.

Con figuras, de tamaño real, realizadas polo artista local Marcos Mariño, o nacemento poderá visitarse ata o próximo 6 de xaneiro.

O Belén recrea a tradicional estampa coas tres pezas clásicas do nacemento talladas en madeira, o Neno, a Virxe María e San José, “pero a idea é que a representación vaia crecendo ano tras ano, incorporando novas figuras ata completar un nacemento único e exclusivo.

O autor das figuras, Marcos Mariño, é escultor de madeira especialista en talla con motosierra e recentemente foi o primeiro español convidado ao campionato internacional de talla, celebrado na localidade rusa de Tomsk o pasado ano, onde clasificou entre os dez primeiros.


Publicado en Cultura
Visto 1298 veces