Alameda Talo Rio – Venres 12 de Julio ás 21,30 horas.
A Coral Polifónica de Soutomaior naceu nos anos 70 como un coro parroquial. Hoxe conta con vinte membros procedentes, principalmente, do propio concello.
Recentemente sacaron un álbum, que leva por título " Sorriso de burbullas", foi gravado durante o pasado concerto de Fin de Ano e destaca pola inclusión de pezas modernas arranxadas para a súa interpretación por un grupo coral.
A idea é afastarse un pouco do repertorio tradicional das corais e atraer á xente nova con cancións máis modernas", explica o director da coral, Javier Comesaña, que engade que "son pezas dos anos 70, 80 e 90, de pop lixeiro moi agradable de escoitar. Son cancións que gustan aos mozos porque as coñecen e sorpréndelles que un grupo coral interpréteas".
Como novidade para este concerto será a presentación da mini.coral infantil