fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 18 Xullo 2019 11:14

Teatro Fonte da Tella “A visita do inspector”

Teatro Fonte da Tella “A visita do inspector”

O Multiusos de Arcade acolle este venres, a partir das 21:30 horas, a representación teatral “A visita do inspector”, do dramaturgo británico JB Priestley. A interpretación correrá a cargo do grupo local A Fonte da Tella.

A obra, dun marcado xénero de suspense, divídese en tres actos e comeza cunha cea na casa da familia Birling na que se valora o compromiso entre Sheila, a filla delos Birling, e Gerald Croft. De súpeto, aparece o inspector Goole anunciando que unha moza suicidouse con desinfectante. No transcurso da obra, descóbrese que todos os integrantes da familia, incluso o noivo da filla, tiveran algunha clase de relación ou encontro con esa moza baixo un nome diferente en cada ocasión.

Ao retirarse o inspector, e despois de facer unas cantas chamadas telefónicas, danse conta de que non existe ningún inspector e que ningunha moza morreu na enfermería. Pero cando parecía que todo era unha broma ou o home era un tolo, soa o teléfono e comunícanlle que morreu unha moza por tomar desinfectante e que un inspector de policía iría á súa casa para interrogalos.


Publicado en Cultura
Visto 992 veces