Mércores 14 de agosto ás 20,30 h. Campo de San Benito – Romariz (Soutomaior)
A compañía Inventi Teatro tráenos a súa obra “A tropa do doutor Milagre”, un explosivo espectáculo de rúa onde grandes e pequenos poderán probrar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre.
Sofre alopecia ¿sente débil e canso, Sen apetito?. Probe os produtos do Doutor Milagre e desaparecerán todos os seus problemas.
Este aloucado médico/inventor farase cun vello autobús para convertelo nun auténtico show da venda ambulante. Música, improvisación, xogo, baile, comedia, diversión e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.