fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 25 Setembro 2019 13:37

Teatro Fonte da Tella – A visita do inspector

Teatro Fonte da Tella – A visita do inspector

O vindeiro domingo día 29 de setembro ás 20 horas na Casa do Pobo do Val- Sobral.

 O grupo de teatro Fonte dá Tella pon en escena a obra “A visita do inspector” de John B. Priestley.

Nunha cea tranquila, dunha familia supostamente honesta, á que asistiron, Arthur, Sybil, Eric, Edna e o seu noivo Gerald queda interrompida pola visita do inspector Goole e dos seus interrogatorios a preto da morte dunha rapariga chamada Eva Smith esa mesma tarde por mor da inxestión de desinfectante.

O inspector empeza o seu interrogatorio co señor Birling e ensínalle unha foto e faille unhas preguntas. Despois de acabar co señor Birling séguenlle o completo de acompañantes que tiña na mesa; a estes failles moitas preguntas, algunhas desas preguntas son moi incomodas pero o inspector faillas contestar, tamén lles fai facer confesións que chegan a romper a unidade familiar que había e todos empezan a pensar que outro a podido ser o responsable

É a última representación da obra por parte do grupo afeccionado de teatro de Soutomaior que xa prepara a seguinte e seguir así a súa extensa variedade en obras teatrais


Publicado en Cultura
Visto 750 veces