fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 04 Decembro 2015 10:11

Iluminación do Nadal

Iluminación do Nadal

ILUMINACIÓN DO NADAL

A decoración deste ano ten o seu centro neurálxico na alameda de Talo Río en Arcade, onde está instalado a tradicional árbore de nadal municipal que este ano chega ata os 10, 5 metros de altura e conta cunha base de 3,5 metros.

A decoración xeral é azul con pequenos tubos e lámpadas led de estrela con efecto flash. Ademais, a decoración do Nadal deste ano chega a lugares emblemáticos do Concello de Soutomaior, como os monumentos á ostra e os hostaleiros, a zona do Peirao e os edificios municipais.

A maior parte dos elementos están baseados en composicións do Nadal tradicionais, coas cores azul e vermello como tendencia principal.

Toda a instalación utiliza tecnoloxía led, o que contribúe á eficiencia enerxética da iluminación.

A iluminación permanecerá acendida desde o venres 4 de decembro ata o próximo 5 de xaneiro desde as 18:00 ata as 00:00, salvo os días de Noiteboa, Nadal e Fin de ano, que o fará ata as tres da madrugada.


Publicado en Cultura
Visto 2312 veces