fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Decembro 2019 12:03

VI Festival Solidario

VI Festival Solidario

Domingo 15 de decembro ás 18,00 h. – Multiusos de Arcade

A asociación cultural Miudos e Cáritas parroquial de Arcade organizan este domingo o VI Festival Solidario coa colaboración do Concello de Soutomaior.

Máis de 100 artistas pasarán polo escenario do Multiusos de Arcade nas distintas variedades artísticas.

Grupos participantes: Grupo de baile galego, gaitas e pandeiretas Miúdos. Grupos municipais de baile latino e danza do ventre. Grupo folclorico "A cuchipanda". Grupos de baile moderno e pole dance dá asociación cultural Miúdos. Grupo de acordeóns "Son do Verdigo" Pontecaldelas, e grupo de percusión Brasileira " Batukade". A orde de actuación previsto será:

"XOTA DA INSUA" - Baile galego infantil (As. cultural Miúdos) - "MUIÑEIRA DO GROVE" - Baile galego adultos (As. cultural Miúdos) - "LOUREIRO VERDE" E "VACA MARELA" - Pandereteiras (As. cultural Miúdos)-"RIP" - Baile moderno xuvenil (As. cultural Miúdos)-"BAIANA" - Pole dance infantil (As. cultural Miúdos) -"CALMA" - Grupo municipal baile latino-BATUKADE - Grupo percusión brasileña (As. cultural Miúdos)-"YO POR TI TU POR MI" - Baile moderno infantil (As. cultural Miúdos)-" CUCARACHA" - Baile moderno mini (As. cultural Miúdos)-"DROP IT STEP UP REVOLUTION" -  Baile variado (As. cultural Miúdos) - SON DO VERDUGO - Grupo acordeóns de Pontecaldelas.- "THIS IS THE RHYTHM OF THE NIGHT" - Pole dance xuvenil (As. cultural Miúdos)-A CUCHIPANDA - Grupo de gaitas-BOLLYWOOD - Grupo municipal de danza do ventre xunto co grupo de danza do ventre infantil de As. cultural Miúdos.

O prezo da entrada fíxase nun donativo de 2 €


Publicado en Cultura
Visto 1190 veces