fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 02 Xaneiro 2020 13:25

Reis Magos 2020

Reis Magos 2020

 Domingo 5 de Xaneiro

Ás 12,00 horas – Casa do Concello (Soutomaior)

Tras a súa chegada, e recibidos polo Alcalde de Soutomaior, Melchor, Gaspar e Baltasar saudarán, xunto coa súa comitiva Real, e recollerán as cartas dos nenos e nenas que aínda non fosen enviadas.

A partir das 17,00 horas haberá un desfile en Arcade desde a rúa Calvario ata a Alameda de Talo Río.

Os Reis Magos formarán unha comitiva nun tren turístico acompañados dos agraciados no sorteo dos rexistrados en liña para acompañar ás súas Maxestades.

A comitiva Real durante o percorrido irá acompañada dun espectáculo itinerante ambientada no “mundo do circo” interactivo con moita música, cor e diversión a cargo de: zancudos (zancos e power- skip) – malabaristas, monociclo ( xirafa), pallasa en patíns, pallaso en moniciclo e oito músicos (charanga)

Cando a comitiva chegue a Tallo Río o tren estará dispoñible para realizar un pequeno percorrido polos arredores.

Dirixido a persoas de todas as idades aínda que os menores de 8 anos terán que ser acompañados dunha persoa adulta.


Publicado en Cultura
Visto 1569 veces