fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 06 Marzo 2020 13:44

Desfile de comparsas 2020

Desfile de comparsas 2020

O Desfile de comparsas terá lugar este domingo día 8 de marzo a partir das 17.00 horas. 

O lugar de saída será a Rúa Calvario, na intersección da Avda. Xosé Solla coa Rúa Cochón.

 A primeira en desfilar será a dos nenos e nenas que forman a comparsa resultante do obradoiro que organiza o Concello de Soutomaior.

As comparsas participantes son:

La Comparsita (Ponte Sampaio), La Reina de la noche (Vincios), Comparsa Cepeda, Os Festeiros Polo Aire (Bembrive), Os Campechanos, A Tribu dos Rapaces, Moreira a Tope, Comparsa Os da Caña, Fantasía no Entroido (Pontellas), Miúdos, Comparsa O Borraliño (Soutelo), As Marchosas de Arcade, A Pandilla, Dende Pereiras a Irlanda, Comparsa ss 100 tolos ( Poio), Os Enredos ( Guizán), A Vila, Panela e Oceánide

O itinerario do desfile comezará na Rúa Calvario, Avda. Xosé Solla e Rúa Rosalía de Castro.

Ao finalizar o desfile haberá na Alameda Talo Río unha festa de entroido coa actuación do grupo musical 3.COM que amenizará a festa final ata aproximadamente ás 22 h.

Rogamos observen as restricións de tráfico e aparcamento que con motivo da celebración do desfile se veñen  informando.


 


Publicado en Cultura
Visto 2351 veces