fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 23 Abril 2020 12:38

Leo, leo... Que les? Campaña 23 de abril Día Internacional do Libro. Concello de Soutomaior

Leo, leo... Que les? Campaña 23 de abril Día Internacional do Libro. Concello de Soutomaior

Soutomaior únese á Conmemoración do día 23 de Abril día Internacional do Libro para fomentar a lectura como un valor universal que nos fai crecer como persoas e como comunidade.

Coa lectura adquirimos coñecemento e podemos comprender  mellor o mundo que nos rodea. Podemos viaxar a calquera sitio sen ter que desprazarnos e nestes tempos nos que a situación sanitaria derivada polo Covid-19 pode ser de gran utilidade porque os libros, en calquera dos seus formatos, poden sernos de gran axuda para dar alas á nosa imaxinación e sentirnos mellor. Ademais, serven para compartir, para comunicar, para manternos conectados e conectadas, aumentan a nosa curiosidade, ...

 

O Concello de Soutomaior a través do departamento de Cultura promove esta campaña de ANIMACIÓN Á LECTURA:  LEO, LEO.. QUE LES? dirixida a todas as idades empadroadas no Concello de Soutomaior. Como participar?

                Escribe unha mensaxe cun texto coa que"Animes a outras persoas a ler e na que  recomendes a túa lectura favorita"  Máximo 5 liñas

                O teu texto vai escrito directamente en COMENTA na mesma publicación desta campaña que aparece no Facebook de Cultura. 

                No final do texto especifica o teu nome e apelidos para poder logo entrar no sorteo.

                Os nomes que entrarán a sorteo serán os que figuren no final do texto como autores/as do mesmo.

                Non é obrigatorio pero si queres podes acompañar o texto de algunha imaxe.

                Únicamente entrará a sorteo unha publicación por persoa. Si unha persoa asina varios textos entrará en sorteo o primeiro texto subido a Facebook.

 

Entrarás nun SORTEO de 40 vales por valor de 25€ para mercar libros que se realizará publicamente cando se levante o Estado de Alarma.

Dende 23 ata 30 de abril ás 20.30 h

 

IMPORTANTE: as persoas que non teñan facebook ou sexan menores poderán participar igualmente porque poderá subir a súa publicación outra persoa no seu nome sempre e cando se especifique ó final claramento o nome do autor/a. Ese será o nome  que entre a sorteo e non o da persoa que publica.

O sorteo realizarase publicamente cando se levante o Estado de Alarma. Comunicarase a data e hora do sorteo. Nese mesmo intre entregaranse os vales por ese importe que se poderán canxear onde se queira. As pautas para facelo indicaranse ese día ás persoas gañadoras do sorteo.

Podes descargar as BASES COMPLETAS AQUÍ ABAIXO.

Non deixedes de ler e de compartir. Animádevos a participar!

Aquí vos deixamos un enlace cunha curta que fomenta o amor polos libros e a lectura:

https://www.youtube.com/watch?v=dwh7Z2cRxYk&t=10s


Publicado en Cultura
Descargar adjuntos:

Bases Leo Leo... que les (212 Descargas)
Visto 946 veces

Medios