fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 28 Decembro 2015 13:31

Cine Infantil - Inside Out

Cine Infantil - Inside Out

Multiusos de Arcade - Martes 29 de decembro ás 18,00 horas Inside Out- (Do revés)

O paso do tempo pode ser un camiño complicado. Tamén o é para a moza Riley Anderson cando, con só 11 anos, ten que deixar atrás a súa vida no Medio Oeste e mudarse a San Francisco.

Como o resto das persoas, a vida de Riley se guía polas súas emocións: Alegría, Medo, Ira, Noxo e Tristeza. Todas elas viven no Cuartel Xeral, o centro de control dentro da súa cabeza desde onde axudan e dirixen os comportamentos da moza no seu día a día.

Aínda que Alegría tenta dominar os sentimentos para manter á nena nun estado de felicidade, Tristeza comeza a cambiar as cousas e a facer que a melancolía se estenda. Unha serie de sucesos fai que as dúas emocións saian accidentalmente do Cuartel Xeral e viaxen pola mente de Riley mentres tratan de atopar o camiño de volta. 1 h 35 min


Publicado en Cultura
Visto 2302 veces