fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 04 Xaneiro 2016 11:29

Chegada dos Reis Magos

Chegada dos Reis Magos

Martes 5 de Xaneiro a partir das 16,30 horas - Multiusos de Arcade

A chegada dos Reis Magos ao Concello de Soutomaior iniciarase cun espectáculo de maxia da compañía Mago Richard e os seus Contos de Nadal no Multiusos de Arcade.

Un neno que soña con ser neno e un adulto que volve á infancia mediante a maxia. O espírito da maxia vén ilusionar a nenos e maiores cos xogos máis fermosos desta época do ano dentro das estrelas máxicas.

Ao finalizar o espectáculo de maxia chegarán os Reis Magos ao Multiusos de Arcade onde recibirán a todos os nenos e adultos aos que obsequiarán con caramelos e recollerán as cartas aos que aínda non se decidiron a escoller os agasallos para a noite máxica que se aveciña.

Ao terminar en Arcade, os Reis Magos subirán ata o Concello para recibir aos nenos de Soutomaior que non baixasen ao Multiusos.

Os caramelos que se repartirán este ano , son sen glute, do mesmo xeito que en anos anteriores. Pero ademais, este ano compráronse a través dunha Asociación para colaborar cos enfermos de Alzheimer.


Publicado en Cultura
Visto 2358 veces