fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 11 Xaneiro 2016 14:05

Bases para o Desfile de Comparsas - Arcade 2016

Bases para o Desfile de Comparsas - Arcade 2016

1.- O Desfile de comparsas terá lugar o sábado 13 de febreiro de 2016 ás 17.00 horas. 2.- Requisitos dos participantes As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación, aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores. Poderanse excluir como beneficiarios das axudas reguladas nestas bases todos aqueles que non cumplan as condicións esixidas. O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 15 e deberán solicitar a súa participación a través de inscrición no rexistro xeral do Concello . *Terán preferencia as comparsas que participaron no desfile do ano 2015. As comparsas participantes no desfile deberán ter un mínimo de 30 compoñentes. 3.-O lugar de saída será a Rúa Calvario, na intersección da Avda. Xosé Solla coa Rúa Cochón. 4.- As comparsas deberán estar no lugar da saída 30 minutos antes de dar comezo o desfile. A primeira en desfilar será a dos nenos e nenas que forman a comparsa resultante do obradoiro que organiza o Concello de Soutomaior. As demáis o farán por orden de chegada. 5.- Itinerario do desfile: Rúa Calvario, Avda. Xosé Solla e Rúa Rosalía de Castro. Remate na Alameda Talo Río, donde haberá unha festa de entroido coa actuación dun grupo musical ata as 22:00 h. 6.- Procedemento. A inscrición farase nas Oficinas do Concello de Soutomaior ou a través do fax (986.705333) , en horario de 9:00 h a 14:00 h. ata o mércores 10 de febreiro de 2016. No momento de formalizar a inscrición , indicarase: - Nome da comparsa. - Nome e apelidos do representante. - Número de teléfono e mail de contacto. - Categoría na que se inscribe. - Número de membros que a compoñen. Todos estes datos deberán aparecer na solicitude de inscrición. En caso de que non sexa así, a comparsa poderá quedar excluída do desfile. 7.- Os premios pola participación no desfile son os seguintes: a)Para as comparsas que non leven nin carroza nin megafonía: - de 30 a 40 membros: 100 € - Máis de 40 membros: 150 € b)Para as comparsas que leven carroza e megafonía: - de 30 a 40 membros: 300 € - Máis de 40 membros: 400 € 8.- Os premios pagaranse mediante transferencia bancaria previa presentación da factura correspondente no Concello. Os colectivos que estén exentos de IVA deberán presentar ademáis un certificado d@ secretari@ da asociación no que constará o número de expediente de dita exención. ( Poderán pedir o modelo no Concello no momento de facer a inscrición). 9.- A participación neste desfile, implica a aceptación destas bases. 10.- A organización gárdase o dereito de non deixar desfilar a todas aquelas comparsas que non cumplan algunha das condicións establecidas nestas bases.


Publicado en Cultura
Visto 2794 veces