fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 23 Xullo 2020 09:27

“Soutonight” Terapia de grupo en concerto

“Soutonight” Terapia de grupo  en concerto

Venres 24 de xullo ás 22,30 h. – Peirao de Arcade

Dentro da programación do verán do Concello Soutomaior en dentro de programa“ Soutonight” (concertos en pequeno formato a cargos de distintos grupos musicais nas noites de verán) este venres  día 24 no Peirao de Arcade a partir das 22,30 horas  terá lugar a actuación de “Terapia de  grupo.”

Formación musical con máis de 8 anos de vixencia, e avalados por mais de 100 actuacións anuais por toda Galicia en diversos espazos, con unha proposta musical divertida e atractiva, para todo tipo de eventos , e todos os públicos.

O seu amplo e variado repertorio está composto por versións de diferentes épocas e estilos como son o pop español, rumba, pop latino, folk irlandés, música galega, bandas sonoras, versións de música disco dos s 80, etc.

Repertorio: Temas de Nacha Pop, Radio Futura, Os Rodríguez, Loquillo, Joaquín Sabina, Melendi, conforman un amplo repertorio moi variado en formato acústico.

Compoñentes; Adrián Vicente, voz, guitarra e violín. Jairo Villar, teclados e voz.,Anxo Morais, percusión.

Manteranse os requisitos de aforo e distancia social marcados nos protocolos contra o COVD 19


Publicado en Cultura
Visto 902 veces