fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 31 Xullo 2020 10:33

Musical infantil e familiar – “A casa do terror”

Musical infantil e familiar – “A casa do terror”

Sábado 1 de agosto ás 22,00 h. – Peirao de Arcade

Xoán Curiel e a Banda do Verán presentan o seu novo traballo “A casa do terror”

Despois de percorrer con éxito os escenarios galegos co espectáculo do libro-disco Estamos non verán!, Xoán Curiel e A Banda do Terror presentan un musical infantil e familiar moi roquero e terroríficamente divertido. Desenvólvese entre cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e, sobre todo moita participación do público asistente, que será o protagonista desta nova aventura musical.

A casa do terror é tamén un libro-disco con ritmos rock, funky, ska e regae, levado á escena con elementos teatrais e de danza por músicos e artistas de elevada solvencia. O elenco artístico está formado por Xoán Curiel, guitarra eléctrica, guitarra española e voz; Xara Ortiz, voz; Carlos Freire , batería, Alex Salgueiro, teclado e programacións, Antón Fernández, baixo; e Marta Alonso, danza e voz. O vestiario é de Uxía Vaello e a escenografía de Marta Mallo


 


Publicado en Cultura
Visto 712 veces