fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 03 Febreiro 2016 10:31

Festival Entroido Infantil 2016

Festival Entroido Infantil 2016

Concello de Soutomaior - Entroido Infantil 2016 - Luns 8 de febreiro a partir das 16,30 horas na Alameda de Talo Rio

O Concello de Soutomaior inicia o entroido 2016 co Festival infantil na Alameda de Talo Río onde en diversas zonas situaranse distintas casetas cos obradoiros de globoflexia, xogos xigantes, máscaras e super piñata XXL con xogos. Así mesmo haberá o espectáculo "o gran circo" e a animación itinerante Disney.

O Diver Photocall especial entroido con material decorativo, cesta con accesorios divertidos para as fotos que se expoñerán posteriormente na páxina web do Concello de Soutomaior e onde ademais o público pode tomar tamén as súas fotos cos seus propios dispositivos.

En caso de mal tempo trasladaríase a actividade ao Pavillón Municipal


Publicado en Cultura
Visto 2482 veces