fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 01 Decembro 2020 19:02

Vídeo-chamadas Reis Magos 2020. Solicita a túa data e hora!

Vídeo-chamadas Reis Magos 2020. Solicita a túa data e hora!

O Concello de Soutomaior pon en marcha un programa para que os Reis Magos poidan contactar cos nenos e nenas empadroados/as no Concello de Soutomaior e compartir as súas ilusións coas súas Maxestades antes da agardada Noite de Reis.

Este é un ano diferente e complicado pero a maxia e a ilusión poden seguir estando presentes nas nosas vidas. Podemos manter certas tradicións dun xeito seguro como por exemplo falar cos Reis Magos e trasladarlle os nosos desexos e peticións así como contarlles como nos portanos neste ano. De aí que con este programa as familias poderedes solicitar a vosa vídeo-chamada dun xeito moi sinxelo e seguro seguindo un pasos que están explicados no formulario creado para concertar o día e hora no que queredes recibir a  vídeo-chamada. A web para facer a vosa solicitude é: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/chamada-dos-reis-magos.

Este programa vai dirixido a idades comprendidas entre os 2 e 10 anos (ambas incluídas).

Se non pode dispoñer dun número de teléfono con whatsApp inscribídevos e ofrecerémosvos unha alternativa e que poidades recibir igualmente a vídeo - chamada.

Os días a escoller para recibir a vídeo-chamada son:

  • 30 de decembro
  • 31 de decembro
  • 2 de xaneiro
  • 3 de xaneiro
  • 4 de xaneiro
  • 5 de xaneiro

Os horarios son variado para que poidades escoller e van de 5 en 5 minutos. O prazo de solicitude remata o 29 de decembro de 2020.

 


Publicado en Cultura
Visto 663 veces