fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 15 Abril 2015 14:06

Premio a "Casa da Barreira"

Premio a "Casa da Barreira"

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello ao xerente do establecemento de turismo rural "Casa da Barreira" Juan Ramón Campos, xa que dentro do marco integral de calidade turística en destino, a Secretaría de Estado de Turismo outorgou a esta casa rural o diploma de recoñecemento ao compromiso para a mellora continua de calidade correspondente ao ano 2014.

O Alcalde agradeceu e felicitou a Juan Ramón Campos polo seu constante interese na promoción turística do Concello de Soutomaior


Publicado en Cultura
Visto 3760 veces