fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 31 Marzo 2021 09:15

Pasarrúas da Banda de Música Artística de Arcade

Pasarrúas da  Banda de Música Artística de Arcade

O ano pasado xa se suspendeu a que sería a XXXIV edición da Festa da Ostra e coa situación actual, tomamos a decisión de suspender a deste ano 2021 xa que, pesar de que somos firmes defensores dos nosos costumes e tradicións, debe premiar a saúde e a seguridade.

Como recordó da nosa festa, nas datas que debería de celebrarse, a Banda de Música Artística de Arcade realizará un pasarrúas o vindeiro domingo a partir das 11,00 horas que percorrerá as distintas rúas de Arcade desde o Calvario ata o Peirao.

Volveremos ser totalmente libres e poderemos celebrar e vivir con normalidade máis pronto que tarde.

Estou seguro que o próximo ano estaremos nunha situación mellor para gozar das nosas festas e sobre todo que as ostras de Arcade volvan ser protagonista no noso Concello.

Agustín Reguera

Alcalde de Soutomaior


Publicado en Cultura
Visto 1153 veces