fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 03 Xuño 2021 19:09

Ciclo de cinema galego. Mes de xuño.

Ciclo de cinema galego. Mes de xuño.

O alcalde, Agustín Reguera, e a Concelleira de Cultura, Noelia Ocampo, presentan o ciclo de cinema galego UN CAMIÑO DE CINE  enmarcado dentro do programa  "PASIÑO A PASIÑO, SOUTOMAIOR NO CAMIÑO" no marco das accións Xacobeo 2021-22 da Xunta de Galicia.

Con esta proposta queremos difundir cultura galega a través de proxeccións que afondan nas nosas raíces, nos nosos costumes e na nosa realidade actual.  O Ciclo quere ademais xerar espazos de encontro e de dinamización cultural ofrecendo unha proposta de lecer para veciños e veciñas pero tamén para visitantes que sirva para enriquecer a oferta cultural do Camiño. Neste ciclo inclúese una selección de varias proxeccións de diferentes xéneros e estilos onde as temáticas son variadas pero cun fío condutor, Galicia.  Todas son de balde.

 

Abriremos o Ciclo co filme O QUE ARDE , rodada en Galicia e no que se fai unha reflexión sobre os incendios forestais, o malestar ante a figura do pirómano e o ciclo da natureza. Proxectarase  este SÁBADO 5 de xuño 2021no auditorio exterior Multiúsos, Arcadeás 22.00 h. A entrada será de balde con aforo limitado en cumprimento das medidas actuais en materia de prevención da COVID-19.  Se o tempo o permite poderemos gozar deste filme ao aire libre e senón proxectarase no interior do Multiúsos.

 

As seguintes citas deste Ciclo serán:

 

SÁBADO 12 de xuño 2021 - ONS

Lugar: Auditorio exteriorMultiúsos, Arcade

Hora: 22.00 h

 

SÁBADO 19 de xuño 2021 –A ILLA DAS MENTIRAS

Lugar: Auditorio exteriorMultiúsos, Arcade

Hora: 22.00 h

 

SÁBADO 26 de xuño 2021 -  CUÑADOS

Lugar: Alameda de Talo Río, Arcade

Hora: 22.00 h

Previa reserva de butaca en:  https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2489/cine-cunados

 


Publicado en Cultura
Visto 657 veces