fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 04 Xuño 2021 09:22

Cinema en galego. “O que arde”

Cinema en galego. “O que arde”

Sábado día 5 ás 22,00 horas –  Multiusos Arcade

Dentro do programa de dinamización Xacobeo 2021 “ pasiño a pasiño Soutomaior no Camiño” e dentro do ciclo de cinema galego “un camiño de cine” iníciase coa galardoada película”O que arde”

Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.

A película cultivou numerosos recoñecementos como os Goya a mellor actriz revelación e mellor fotografía para Benedicta Sánchez e Mauro Herce, o premio do Xurado no festival de Cannes, o premio ao Mellor Son no Chicago Film Festival, a mellor película no Festival Internacional de Cinema de Salónica, a mellor película europea nos Premios Gaudí ou a mellor película española nos Premios Sant Jordi.

En todos estes actos as persoas asistentes deben de rexistrarse indicando o seu nome e apelidos e número de teléfono xa que é obrigatorio que exista un rexistro de asistentes.

A entrada é libre ata completar o aforo permitido


Publicado en Cultura
Visto 752 veces