fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 11 Xuño 2021 09:32

Programación fin de semana 11/12 de Xuño

Programación fin de semana 11/12 de Xuño

Venres 11 de xuño ás 19,00 h. “Príncipas e Princesos” – Multiusos Arcade

Faise saber que se buscan príncipes rosas…e princesas azuis! faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! son contos de Príncipas e Princesos. Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos de Principes e Princesas da man de Pablo Sánchez ‘Pablísimo’, un dos contadores de referencia do panorama galego.

Venres 11 de xuño ás 21,30 h. “Elisa e Marcela” – Multiusos Arcade

Representación teatral "Elisa e Marcela" a cargo da compañía de teatro A Panadería.

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.

As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento.

Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

Non a perdades!!!

Para asistir a representación hai que sacar as entradas( prezo de balde) na páxina do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou ben podes facelo a través do seguinde enlace.

https://www.gabinetesoutomaior.com/.../2508/elisa-e-marcela

 

Sábado  12 de xuño ás 22,30 h. –Cinema en galego “Ons” – Multiusos Arcade

O doutor Vicente (Antonio Durán) atravesou unha gran depresión tras a morte do seu amante. Xunto á súa esposa Mariña ( Melania Cruz) chega a unha illa remota do Atlántico co único obxectivo de gozar do verán e curar feridas, ademais de arranxar o que queda do seu matrimonio. A vida nesta illa séntalle ben ao doutor e por iso pídelle á súa esposa que a estancia se alongue ata a chegada o outono. Todo transcorre con normalidade ata que se produce un naufraxio e aparece na misteriosa illa unha muller amnésica que fai que nada volva ser como antes.

Todos os espectáculos contarán cun protocolo fronte ao covid en canto a medidas e límites de aforo


Publicado en Cultura
Visto 469 veces