fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 14 Xuño 2021 13:25

O Camiño que nos orienta. Gran xogo de orientación.

O Camiño que nos orienta. Gran xogo de orientación.

O sábado 17 de xullo de 19 a 22 h terá lugar esta actividade organizada polo Concello de Soutomaior. Trátase dunha actividade cun formato non competitivo que se centrará máis en pasalo ben e coñecer un pouco mellor o Camiño Portugués ao seu paso por Soutomaior así como toda a historia do municipio, costumes, lendas, etc.

A actividade potenciará o traballo en equipo e en grupo mediante unha serie de probas nas que todos e todas teredes que implicarvos para poder superar os retos que se vos van presentando ao longo do percorrido sinalado nun mapa co que percorredes un itinerario que vai a sair desde o Campo da Feira de Arcade onde está o centro de saúde ata chegar ata o punto final en Talo Río.

O percorrido será polo transcurso do camiño por Arcade – Soutomaior co fin de coñecer todas as peculiaridades do mesmo: lugares, emblemáticos, lavadoiros, historias e lendas, monumentos, tradicións, oficios,... Durante a actividade as persoas participantes atoparanse con diferentes persoaxes e nas que haberá moitas sorpresas, por exemplo, con personaxes históricos e peregrinos/as ilustres que os/as estarán agardando para contarlles anécdotas e darlles consellos que lles serán de utilidade para chegar ao final do xogo.

Todas as probas que terán que ir superando para conseguir a acreditación que lles permitira superar o gran reto final. As probas estarán deseñadas para traballar: o enxeño, as habilidades, a creatividade e o traballo en equipo e para pasalo moi ben. Unha actividade para participar en familia ou con amigos/as. Será obrigatorio o uso da máscara durante toda a actividade. 

Haberá dúas categorías:

- INFANTIL: nenos e nenas de 6 a 12 anos sempre acompañadas dunha persoa adulta no grupo.

- XUVENIL/ADULTA: a partir de 13 anos. Sen límite de idade por arriba.

O número total de prazas é de 150. Cada grupo sairá escalonadamente e estarán as saídas organizadas por tempos para non provocar aglomeracións de xente nos mesmos puntos nin durante o percorrido. A actividade cumprirá coas medidas de prevencion COVID e colaborará a Agrupación de Voluntariado/as de Protección Civil para garantir a seguridade durante toda a actividade.

A participación será individual ou en grupos cun máximo de 6 persoas por grupo e para isto deberedes anotarvos previamente EN LIÑA e reservar as prazas como data límite o 12 de xullo de 2021.

Inscricións en: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/eventos/crear-evento/eventodetalle/2518/o-camino-que-nos-orienta-gran-xogo-de-orientacion

Esta actividade esta incluída dentro do programa PASIÑO A PASIÑO, SOUTOMAIOR NO CAMIÑO impulsado pola Concellería de Cultura de Soutomaior en colaboración coa Xunta de Galicia no marco das accións do Xacobeo 21-22

 


Publicado en Cultura
Visto 700 veces