Xoves, 17 Xuño 2021 20:32

Encontros lingoreteiros: arte e lingua.

Encontros lingoreteiros: arte e lingua.

Soutomaior pon en marcha o programa “Encontros lingoreteiros: Arte e lingua” que consiste na realización de contacontos e obradoiros artísticos impartidos por Migallas Teatro dirixidos a nenos e nenas a partir de 5 anos acompañados/as dunha persoa adulta. A partir de 10 anos pode asistir sós/soas, nos cales combinaremos a narración oral baseada na vida de diferentes artistas de Galicia e a expresión plástica inspirada nas súas creacións.

O programa consta de 6 sesións durante as cales na primeira parte de cada unha realizarase unha breve e amena introdución de contacontos e narración oral sobre a vida e a obra do/da artista co apoio de imaxes das súas creacións máis representativas.  A continuación, desenvolverase un obradoiro de expresión plástica inspirado na obra da persoa protagonista, onde se utilizarán diversas técnicas.

O 2 de xullo ás 19 h no Peirao de Arcade tiraremos ao aire os nosos chapeus para darlle renda solta á imaxinación, igual que fixo Maruxa Mallo e traballaremos con ela a terra e o mar.

O 9 de xullo ás 19 h na Xunqueira de Arcade, Xulia Minguillón, a primeira muller que gañou  a medalla de ouro na  Exposición Nacional de Belas Artes, coa súa obra “A Escola de Doloriñas”, levaranos a falar das escolas de antes e presentaranos a súa cadela “Tila”.

O 16 de xullo ás 19 h en Veiguiña Longa Comboa, saberemos por que a Laxeiro lle chamaban o barbeiro pintor. Ilustraremos, coma el, a nosa vida.

O 23 de xullo ás 19 h no Peirao de Arcade xogaremos coas marabillosas cores dos cadros de Alex Vázquez.

O 30 de xullo ás 19 h no Peirao de Arcade mergullarémonos nas espirais dos cadros de Menchu Lamas e xogaremos coas súas sombras. Utilizaremos a técnica da impresión para crear as nosas obras.

E para finalizar o 6 de agosto ás 12 h en Talo Río, coñeceremos a historia de Daniel Castelao, un neno que quería ser artista e que, ademais de logralo, converteuse nun escritor e político fundamental na historia de Galicia. Gozaremos das súas obras e recrearemos as súas ilustracións.

A participación será de balde. As prazas son limitadas para garantir as medidas de prevención fronte á COVID-19 e cubriranse por orde de inscrición. IMPORTANTE: Haberá que inscribirse previamente EN LIÑA: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Este programa municipal impulsado pola Concellería de Cultura de Soutomaior encádranse dentro das accións de dinamización lingüística no ámbito local e financiadas pola Xunta de Galicia.


Publicado en Cultura
Visto 261 veces

Cultura

Xa está aquí a programación da XXXV Festa da Ostra

Xa está aquí a programación da XXXV Festa da Ostra

21-03-2023 / Festa da Ostra

Como sabedes, a Festa da Ostra  terá lugar os próximos días 31, 1 e 2 de abril. Tal e como se explicou na presentación oficial, que tivo lugar o pasado venres e á que acudiron varios hostaleiros locais, este ano organizouse unha  gran festa que estará animada polas orquestras París de Noia, Olympus  e Assia. Ademais, as charangas e Bandas de...

Presentada a XXXV Festa da Ostra

Presentada a XXXV Festa da Ostra

17-03-2023 / Festa da Ostra

Hoxe presentamos a XXXV Festa da Ostra. Nesta edición queremos levar a Festa ao seguinte nivel. O ano pasado foi un ano de transición despois da pandemia e, agora si...

Sara Obelleiro expón: BALEIRO

Sara Obelleiro expón: BALEIRO

15-03-2023 / Cultura

A nosa veciña Sara Obelleiro será a primeira en expoñer o seu traballo grazas ao programa Artellando, que busca poñer en valor o traballo dos nosos artistas locais. Facédelle caso e...

Multitudinario "Enterro da Ostra"

06-03-2023 / Cultura

Este ano recuperouse esta tradición grazas á organización das comparsas do Concello e ao apoio institucional. A procesión foi seguida por centenas de persoas que acompañaron á Ostra ata o...

Así quedou a antiga Escola de Moreira

15-02-2023 / Cultura

O cambio radical é digno de un programa de reformas da tele! Este espazo que xa está rematado, a falta de ser amoblado debidamente, será o epicentro de moitas actividades...

Despedimos o ano co Concerto de Panxoliñas da Polifónica

09-01-2023 / Cultura

A Coral Polifónica de Soutomaior ofreceu onte un concerto de Panxoliñas na Igrexa de S. Salvador de Soutomaior. Ao espectáculo acudiron, ademais dos fieis que se encontraban na igrexa, outros...

Gran acollida dos Reis Magos en Soutomaior

09-01-2023 / Cultura

Unha comitiva liderada polo Club @600 Arcade pasou esta mañá polos barrios de Soutomaior para que todos os nenos e nenas puidesen coñecer aos Reis de Oriente en persoa. A...

Preto de 25 participantes nos obradoiros de traxes para a cabalgata

09-01-2023 / Cultura

Preto de 25 persoas, entre cativos/as e pais/nais, participaron nos obradoiros de confección dos traxes que mañá lucirán na cabalgata de reis. Esta mañá o alcalde e a Concelleira de...


Os libros que che fan imaxinar

Só ficarán cinzas en algures

08-11-2022 / Os libros da Biblioteca

"Un baleiro perfecto, un asasinato imperfecto... Unha cidade onde nunca pasa nada, catro...

Llévame a casa

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Juan ha conseguido independizarse lejos de su país cuando se ve obligado...

Patio de luces

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro...

Na néboa

26-01-2022 / Os libros da Biblioteca

"Na néboa, publicada por primeira vez en 1901, e unha hábil historia...

Antes de durmir

28-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Unha delicada historia que fala da amizade durante a infancia e o...

Virtudes ( e misterios)

20-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Premio Nacional de Narrativa 2021. El jurado de dicho premio ha seleccionado...

Las vencedoras

07-07-2021 / Os libros da Biblioteca

A los cuarenta años, Solène lo ha sacrificado todo por su carrera...

El huerto de Emerson

10-06-2021 / Os libros da Biblioteca

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no...

El silencio de las olas

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en...

Escenas, imaxes e sons do camiño

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Estamos diante dun ensaio que pon en valor a visión e o...

La transformación de Carag

14-04-2021 / Os libros da Biblioteca

Tras el brillo de los ojos de Carag se esconde un secreto...

El bosque de los cuatro vientos

07-04-2021 / Os libros da Biblioteca

A comienzos del siglo XIX, el doctor Vallejo viaja de Valladolid a...