fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 24 Xuño 2021 09:46

Encontros lingoreteiros: Arte e lingua. Comezamos o venres 2 de xullo!

Encontros lingoreteiros: Arte e lingua. Comezamos o venres 2 de xullo!

O primeiro contacontos e obradoiro artístico terá lugar o venres 2 de xullo ás 19 h no Peirao de Arcade. Nesta ocasión a homenaxeada é a artista Maruxa Mallo e a través dun contacontos sobre a súa vida e obra coñecerémola mellor para logo poñernos mans á obra e espertar a nosa vertente máis artística durante o obradoiro artístico para dar renda solta á imaxinación. Igual que fixo Maruxa Mallo traballaremos a terra e o mar a través da expresión plástica inspirada nas creacións desta pintora surrealista galega.

Este contacontos e obradoiro será impartido por Migallas Teatro e vai dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos acompañados/as dunha persoa adulta. Se tedes 10 anos poderedes asistir sós/soas. 

As prazas son limitadas. INSCRICIÓNS PREVIAS EN: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal-2/vista-mensual/eventodetalle/2498/contacontos-obradoiro-maruxa-mallo

 


Publicado en Cultura
Visto 353 veces