fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 25 Xuño 2021 09:26

Festival Internacional de narrativa oral “Atlántica”

Festival Internacional de narrativa oral “Atlántica”

Soutomaior será este ano una das sedes do certame de narrativa oral máis importante de España, o Festival Atlántica. A iniciativa visitará o municipio o próximo 8 de xullo, a partir das 20:30 horas, coa actuación de Avelino González no Multiusos de Arcade, onde ofrecerá unha sesión de contacontos orientada ao público familiar.

O festival Atlántica alcanza este ano a súa novena edición co obxectivo de chegar aos 435.000 asistentes. Para iso están programadas 82 funcións de man dos 35 artistas chegados de Brasil, Portugal, Guinea e diferentes provincias españolas. Por primeira vez, debido ás restricións sanitarias derivadas da Covid19, o festival, que tradicionalmente se realizaba no mes de marzo, trasládase á primeira quincena de xullo e ofrecerá as súas actuacións ao aire libre.

A actuación de Avelino González será totalmente gratuíta e contará cun aforo limitado adaptado ás restricións sanitarias vixentes durante o evento. O acceso producirase por orde de chegada polo que non será necesario realizar inscrición previa.


Publicado en Cultura
Visto 655 veces