fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 06 Xullo 2021 10:17

Contacontos con Avelino González. Festival Atlántica

Contacontos con Avelino González. Festival Atlántica

Este xoves 8 de xullo ás 20.30 h o contador Avelino González  estará no Multiúsos en Arcade dentro do Festival Atlántica para contarnos unha morea de contos dirixidos a público familiarde todas as idades. Contos fantásticos para pasar un rato moi divertido e entretido ao aire libre!

O aforo será limitado e o acceso será de balde e por orde de chegada sen previa inscrición.

Avelino é actor, contador, tradutor e director. Traballou en teatro, televisión, cine e bares. En compañías como Ollomoltranvía, en espectáculos como Commedia, en películas como Heroína ou Gallego, en series de televisión como Padre Casares, Cuéntame, Hopital Central… e o seu labor teatral foi recoñecido con varios Premios María Casares. Cos contos xa percorreu Europa (Polonia, Alemaña, Suíza…) saltou o Atlántico (Cuba), e toda a península. Fixo dous espectáculos de contos para teatros. Un deles, Vento mareiro, foi o espectáculo máis representado en Galicia no 2005 e recibiu o Premio María Casares a Mellor Música Orixinal. Avelino González pódese atopar en teatros ou bares, na gran pantalla e na pequena (a da tele, e tamén a do ordenador). Pode parecer moita cousa e moi distinta pero en realidade é a mesma cousa: contar ou axudar a contar as de outros en distintos formatos.

Este Festival está dirixido por Soledad Felloza  e nel ademais da colaboración do Concello de Soutomaior tamén están presentes a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

 

Máis información sobre o Festival: https://festivalatlantica.gal/


Publicado en Cultura
Visto 476 veces