fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 08 Xullo 2021 10:27

Cinema na rúa no verán!

Cinema na rúa no verán!

Durante o mes de xullo e agosto o Concello de Soutomaior proxectará varias películas no marco do programa cultural "Cinema na rúa no verán"  cunha oferta variada dirixida a todos os públicos. Comezamos este sábado 10 de xullo ás 22.30 h en Talo Río coa proxección da película "Padre no hay más que uno". Unha película española de comedia do ano 2019, dirixida e escrita por Santiago Segura e protagonizada por él mesmo. A película trata sobre Javier un home que cre sabelo todo, pero que non move un dedor por colaborar no coidado da casa e dous seus cinco fillos. Sen embargo, este pai de familia ten que enfrontarse á realidade cando a súa muller decide irse de viaxe e deixalo só cos seus fillos e fillas. Unha experiencia que cambiará as vidas de todos para sempre.

Para asistir  a esta actividade non será necesaria inscrición previa. O aforo será limitado e completarase por orde de chegada.

 


Publicado en Cultura
Visto 745 veces

Medios