fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 13 Xullo 2021 09:28

Contacontos e obradoiro artístico sobre LAXEIRO

Contacontos e obradoiro artístico sobre LAXEIRO

Este venres 16 de xullo ás 19 h na zona recreativa de Veiguiña Longa en Comboa teremos ocasión de gozar dunha nova sesión do programa Encontros lingoreteiros: arte e lingua. Nesta ocasión o artista seleccionado é LAXEIRO.

Comezaremos cun contacontos a cargo da compañía de Teatro Migallas durante o cal introduciremos a vida e obra deste artista para logo continuar cunha parte máis experimental a partir das súas creacións máis representativas utilizando diversas técnicas para explorar coa nosa imaxinación e deseñar as nosas propias obras. O obradoiro vai dirixido a público infantil e familiar a partir de 5 anos.  As prazas son limitada e as inscricións poden facer EN LIÑA no enlace: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

 

 

 


Publicado en Cultura
Visto 417 veces