fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 13 Xullo 2021 09:40

Concerto da Banda de Música de Cerdedo.

Concerto da Banda de Música de Cerdedo.

O Concello de Soutomaior acóllese o Ciclo de concertos "O PAÍS DE BANDAS" organizado pola Xunta de Galicia a través da Xunta de Galicia. No marco do Xacobeo 21-22 prográmase este ciclo que conta con máis de 90 funcións dunha duración aproximada de 60 minutos realizados por bandas de música popular de Galicia por toda a xeografía galega fomentando a difusión desta disciplina artística ao tempo que se pon en valor a riqueza patrimonial e paisaxística dos concellos galego.

Soutomaior acolle este domingo 18 de xullo ás 21.00 h na Alameda Talo Río en Arcade o concerto da Banda de música de Cerdedo que será totalmente de balde para as persoas participantes. O aforo cubrirase por orde de chegada ata completarse.


Publicado en Cultura
Visto 665 veces