Venres, 16 Xullo 2021 14:07

Festi SOUTOMAREIRO_24 de setembro

Festi SOUTOMAREIRO_24 de setembro

"SoutoMareiro", talento xuvenil ao vivo unha cita que terá lugar o venres  24 de setembro de 2021 ás 22 h no Peirao de Arcade por previsións metereolóxicas non se poderá realizar na data inicialmente prevista (23 de xullo).

O Concello de Soutomaior deseña este evento musical cun formato similar ao dun festival de música que nesta ocasión reúne a dúas artistas mozas nun único día co fin de poñer en valor os novos valores do panorama musical galego onde a tradición e a innovación van da man para amosar que a mocidade ten moito talento e que emprende proxectos moi interesantes e vangardistas que cobran vida a través de propostas como esta.

O obxectivo é promover unha proposta cultural con carácter festivo e de celebración que estimule á mocidade á falar e crear propostas artísticas en galego poñendo sobre o escenario a dúas mulleres que apostan por comunicar nesta lingua.

Unha proposta no marco do programa municipal ACCIÓNS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ÁMBITO LOCAL 2021cofinanciado pola Xunta de Galicia que por unha banda nos trae a Laura LaMontagne & PicoAmperio, abordan campos musicais diferentes desde hip hop, abstracción ambiente, folclore medieval, sensibilidade india e toda caligrafía musical que invoque camiños abertos cara á excitación do inaudito.

E, por outra banda, Sheila Patricia, unha cantautora galega amante da poesía e da palabra, polivalente que se desenvolve en diferentes estilos, como a canción de autor, o folk galego, os boleros, o jazz e ata o fado. A cantautora encádrase dentro do xénero world music cunha especial elegancia e sensibilidade; os seus sons adoptan unha tendencia jazz dentro da canción de autora dando cunha nova experiencia que presentará en Soutomaior.

Vai dirixido especialmente á mocidade pero tamén ao público xeral porque a música non ten idade.


Publicado en Cultura
Visto 575 veces

Cultura

En San Xoán, a sardiña pinga o pan

En San Xoán, a sardiña pinga o pan

20-06-2023 / Cultura

Este venres agradámosvos no Peirao de Arcade a partir das 20:00h para gozar dunha noite máxica na que non faltará a música, a tradición, as animacións de rúa e todos compoñentes para pasalo ben. Haberá actividades para todas as idades e públicos. Non faltes!!!

Unha selección de primeiro nivel para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil

Unha selección de primeiro nivel para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil

04-04-2023 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Con motivo do día do Libro Infantil e Xuvenil, a Biblioteca Municipal fixo unha selección dos libros galardoados co Premio Andersen de Ilustración, unha distinción que conta cun gran prestixio...

Máis de 35.000 persoas, 115.000 ostras e noites a rachar nunha Festa da Ostra multitudinaria!

Máis de 35.000 persoas, 115.000 ostras e noites a rachar nunha Festa da Ostra multitudinaria!

02-04-2023 / Festa da Ostra

Emocionante ver Arcade tan cheo de xente gozando ca súa familia e amizades. Dende o Concello puxemos todo da nosa parte para que esta Festa da Ostra fora inesquecible, e...

Xa está aquí a programación da XXXV Festa da Ostra

21-03-2023 / Festa da Ostra

Como sabedes, a Festa da Ostra  terá lugar os próximos días 31, 1 e 2 de abril. Tal e como se explicou na presentación oficial, que tivo lugar o pasado...

Presentada a XXXV Festa da Ostra

17-03-2023 / Festa da Ostra

Hoxe presentamos a XXXV Festa da Ostra. Nesta edición queremos levar a Festa ao seguinte nivel. O ano pasado foi un ano de transición despois da pandemia e, agora si...

Sara Obelleiro expón: BALEIRO

15-03-2023 / Cultura

A nosa veciña Sara Obelleiro será a primeira en expoñer o seu traballo grazas ao programa Artellando, que busca poñer en valor o traballo dos nosos artistas locais. Facédelle caso e...

Multitudinario "Enterro da Ostra"

06-03-2023 / Cultura

Este ano recuperouse esta tradición grazas á organización das comparsas do Concello e ao apoio institucional. A procesión foi seguida por centenas de persoas que acompañaron á Ostra ata o...

Así quedou a antiga Escola de Moreira

15-02-2023 / Cultura

O cambio radical é digno de un programa de reformas da tele! Este espazo que xa está rematado, a falta de ser amoblado debidamente, será o epicentro de moitas actividades...


Os libros que che fan imaxinar

La reina en la cueva

12-02-2024 / Os libros da Biblioteca

"Un día, de repente, a Franca no le apetece pintar, ni hacer...

Vémonos mañá

18-12-2023 / Os libros da Biblioteca

"A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar...

El hombre de la guerra

18-12-2023 / Os libros da Biblioteca

"Urko Pínaga regresa del exilio para asistir al entierro de su tía...

Só ficarán cinzas en algures

08-11-2022 / Os libros da Biblioteca

"Un baleiro perfecto, un asasinato imperfecto... Unha cidade onde nunca pasa nada, catro...

Llévame a casa

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Juan ha conseguido independizarse lejos de su país cuando se ve obligado...

Patio de luces

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro...

Na néboa

26-01-2022 / Os libros da Biblioteca

"Na néboa, publicada por primeira vez en 1901, e unha hábil historia...

Antes de durmir

28-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Unha delicada historia que fala da amizade durante a infancia e o...

Virtudes ( e misterios)

20-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Premio Nacional de Narrativa 2021. El jurado de dicho premio ha seleccionado...

Las vencedoras

07-07-2021 / Os libros da Biblioteca

A los cuarenta años, Solène lo ha sacrificado todo por su carrera...

El huerto de Emerson

10-06-2021 / Os libros da Biblioteca

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no...

El silencio de las olas

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en...