fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 27 Xullo 2021 09:30

Menchu Lamas. Encontros lingoreiteiros: arte e lingua

Menchu Lamas. Encontros lingoreiteiros: arte e lingua

Este venres 30 de xullo ás 19 h no Peirao de Arcade unha nova cita dentro do programa "Encontros lingoreteiros: arte e lingua" para disfrutar do contacontos e obradoiro artístico sobre a artista Menchu Lamas.
 
Probablemente é a artista nova galega de meirande proxección internacional. Non adoita facer referencia nin á súa vida nin ós seus estudos; Deuse a coñecer nas mostras colectivas da praza da Princesa, en Vigo, en 1976. Integrouse inmediatamente en "Atlántica", o que constituiu o principio da súa proxección. Acudiu a mostras colectivas en diferentes cidades de España e en toda Europa. Os cadros seus cruzaron o Atlántico en empresas auspiciadas pola Xunta de Galicia. Está representada no Museo de Arte Contemporánea de Madrid e nos de Galicia, e mais en importantes coleccións particulares.
 
Un expresionismo sinóptico, en gammas neutras, nas que sobresae unha mancha quente, constitúen un proceder frecuente nesta artista. É evidente que hai ascendencia en Picasso e nos modos xermanos cultivados a partir dos anos cincuenta. Adoita traballar grandes formatos nos que a pincelada é realmente un brochazo, cunha torpeza deliberada e aparente. As imaxes de culturas exóticas e primitivas, desde o negrismo a Australia, interesáronlle para reflexionar sobre elas e chegar a unha síntese inquedante. En ocasións achégase a un neorrealismo conciso, enlagando de signos os seus cadros, en tons ocres, sienas, negros, sen concesións á elaboración. Unha silueta inscríbese nun muro, practicamente monocromo, acompañándose de xeometrismos e imaxinarios logotipos.
 
Se che apetece experimentar a partir da súa obra inscríbete en: Contacontos + obradoiro: Menchu Lamas - 2021 (gabinetesoutomaior.com)
 

Publicado en Cultura
Visto 401 veces