Esta fin de semana, do cal o venres é festivo local, e Concello de Soutomaior programa 3 actuacións, dous musicais e unha de maxia e teatro.
O venres día 6 a partir das 22,00 horas na Alameda de Talo Río e dentro da programación “ Soutonight” poderemos gozar ao grupo Tincho Café un grupo de versións pop e rock en español de todos os tempos, integrado por Nuria Gonzalez e Tincho Fernan.
O sábado día 7 ás 21,00 horas no Campo de San Benito (Romariz) é espectáculo estará dirixido aos pequenos. O grupo de Teatro *Ó Cubo representa a súa obra “ Ghop”
Ghop! é un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Un berro cheo de enerxía…GHOP! un berro cheo de ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.
Rematará o domingo día 8 ás 13,00 horas na Alameda de Talo Río e tocaralle a quenda á Banda de Música Artística de Arcade que con motivo do seu 153 aniversario levaranos por un percorrido musical con pasodobres de hoxe e de sempre.
Estará dirixida polo subdirector Pablo Soto Viceiro