fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 11 Agosto 2021 11:13

Musical "Supermeiga"

Musical "Supermeiga"

Este sábado 14 de agosto ás 21 h no Peirao de Arcade  temos unha cita co espectáculo musical Supermeiga "Sé o que queiras ser", a heroína de todas as nenas nenos.

Esta rapaza propúxose ser de maior "o que queira ser" e non para de descubrir e aprender. Por iso viaxa buscando persoas  que lle conten historias e que lle  ensinen cousas. É unha apaixonada da tecnoloxía, a fotografía, a música ...  Nos seus espectáculos tamén comparte coas  nenas e nenos os seus descubrimentos. Toca a guitarra e a batería, é unha prometedora cociñeira, fai trucos de maxia, é fotógrafa, reporteira, influencer … é o que queira ser...Se quere facer algo novo, infórmase de cómo se fai e por ese novo reto. Con este espectáculo promóvese a lingua galega en accións e actuacións que activan a concienciación da igualdade entre homes e mulleres. Durante o espectáculo disporase unha pantalla de vídeo en grande formato na que imos proxectar diferentes micro-reportaxes sobre mulleres relevantes da sociedade galega: deportistas, científicas, xestoras ... para que as nenas e nenos dun xeito máis claro que as mulleres podemos e debemos intentar ser o que queiramos ser. Trátase de que Supermeiga sirva de referente a outras as nenas e mozas para que loiten polos seus soños. 

No espectáculo, Supermeiga fai un percorrido musical por diferentes situacións nas que nos imos encontrar coas nosas nenas e nenos ao longo da súa etapa infantil. Os seus primeiros xogos igualitarios, as súas primeiras referencias de persoas adultas, o lecer e o traballo en grupo, os roles de xénero... Situacións que poden marcar o devir das súas percepcións sobre a realidade que nos toca vivir ... realidade que podemos mudar con propostas que imos amosar.

Será de balde e o acceso será por orde de chegada ata completar aforo.


Publicado en Cultura
Visto 501 veces