Esta peza teatral será representada pola compañía MDM produccións este sábado 28 de agosto ás 21:30 h no Peirao de Arcade. Unha adaptación libre da obra homónima de Carlo Goldoni dirixida a público adulto na que a trama xira arredor de Lelio, un veneciano que pasou anos fóra de casa, regresa a Venecia xunto ao seu criado Arlecchino. Alí cortexará a Rosalba a filla de Lindora, e Arlecchino á súa criada Dorina, sen dicirlles a verdade sobre quenes realmente son. Mentres tanto, Florencio ama en silencio a Rosalba. Isto permítelle a Lelio inventar historias fabulosas e convencer a Rosalba de que desexa casar con ela. As mentiras lévanos a problemas cada vez máis profundos coas novas e a súa propia nai, a señora Zulmira.
Será de balde. Ata competar aforo.