fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Agosto 2021 11:43

Espectáculo cultural e musical "Coñece o Teu Camiño"

Espectáculo cultural e musical "Coñece o Teu Camiño"

Soutomaior acollerá este domingo 5 de setembro ás 20h na Alameda Talo Río en Arcade, o programa cultural "Coñece o Teu Camiño", da Xunta de Galicia, desenvolvido en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, no que se inclúen cinco espectáculos "baseados na tradición e nas rutas xacobeas" na provincia de Pontevedra sendo a Asociación Cultural Interfolk a promotora. Un evento que combina unha proposta infantil de Barafunda e outra de folclore tradicional a cargo de diferentes agrupacións. Este proxecto tamén pasará polos Concellos do Rosal, Barro, Portas e Catoira.

Este proxecto configúrase como un evento transversal que mestura un espectáculo infantil a cargo da compañá Barafunda Animación, "centrado na peregrinaxe do Camiño e o Océano Atlántico", e unha actuación de folclore con música e danza tradicionais. No Concello de Soutomaior participarán, ademais de Barafunda, a Asociación Folclórica Corisco e a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas.

Entrada de balde ata completar aforo.

 

 

 

 


Publicado en Cultura
Visto 349 veces