fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Agosto 2021 12:05

Camicirco: festival de circo no Camiño.

Camicirco: festival de circo no Camiño.

Terá lugar os días sábado 11 e domingo 12 de setembro en varios emprazamentos do municipio. Esta é unha nova proposta de Cultura nun formato festival adicado ao mundo das artes circenses polo que o Concello de Soutomaior aposta co fin de promover nesta primeira edición un formato novidosol que se vaia consolidando na oferta cultural do municipio e do Camiño.Unha proposta incluída dentro do programa cultural "Pasiño a Pasiño, Soutomaior no Camiño" financiada pola Xunta de Galicia coa que ofrecemos novas propostas culturais dirixidas a todos os públicos e por suposto, tamén a toda aquelas persoas que facendo o Camiño pasan polo municipio ofrecéndolles así alicientes para parar e quedar a coñecelo e disfrutalo.

No programa de actividades sempre a pé de rúa mestúranse varias disciplinas nas que participan compañías galegas e de fóra para que quede reflectida a interculturalidade do Camiño onde non importa o lugar de onde ves senón que o importante é o que fas nese lugar, nesa parte do Camiño na que te atopas con outras persoas. Un festival que mestura humor, ilusión, cultura e diversión.

Agás no obradoiro no que haberá que inscribirse previamente EN LIÑA ata o 8 de setembro, nos espectáculos cubrirase o aforo ata completarse. Todas as actividades serán de balde.

PROGRAMA

SÁBADO 11 de setembro no Peirao de Arcade
18.30 h - 19.30 h        Obradoiro de circo con varias estacións: malabares, aéreos e equilibrios

                                   Inscricións en liña: ata 8 de setembro

                                   Data, hora e lugar:sábado 11 de setembro ás 18.30 h no Peirao de Arcade

                                   Idade:a partir de 6 anos todas as idades.

                                   Prazas: 30. Tres grupos de 10 persoas

                                   Duración: 1 h

                                   Imparte: KambaiotaTroup.

19.30 h - 20.30 h        Crunch!

                                   Espectáculo de novo circo clown, malabares... para todos os públicos.

                                  
20.30 h - 21.30 h        Kambahiota con La Coquette (Madrid)

                                   Espectáculo de circo e aéreos para todos os públicos.


DOMINGO 12 de setembro en Talo Río
13.00- 14.00 h            PattyDiphusa con Superharte.
                                   Espectáculo de circo e clown

 

Obradoiro de circo

Durante a actividade as persoas asistentes aprenderán nocións básicas sobre distintas técnicas de circo como  malabares, equilibrio e aéreos.

Neste obradoiro de iniciación a través do xogo  achegarémonos a estas técnicas de circo divertíndonos, aprendendo a coñecer  mellor as nosas posibilidades e cualidades físicas traballando a confianza en nós mesmos/as.

Dividiremos o gran grupo en tres pequenos grupos para poder pasar por cada unha das estacións circenses e así todos e todas poderemos probar cada unha das técnicas.

Para participar soamente se precisa roupa cómoda.

Data, hora e lugar:sábado 11 de setembro ás 18.30 h no Peirao de Arcade

Idade:a partir de 6 anos todas as idades.

Prazas:30. Tres grupos de 10 persoas

Duración:1 h

Imparte: KambaiotaTroup.

Kanbahiota  significa "voltereta"  en brasileiro, e iso mesmo é o que vén facendo esta  compañía de Madrid desde o 2002. O circo, o teatro, a música, a danza son as ferramentas que usan para realizar os espectáculos.

Inscricións en liña en: Inscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com)

Espectáculo Crunch!

Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que adoitamos facernos sobre as nosas amizades, a clase política, a familia... algunha vez eles fallan, pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas as persoas somos superheroes.

Crunch! é un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais, de golpes e caídas coas que aprendemos e saímos adiante, e sobre todo de risas, que é o máis necesario. Ti non os ves, pero eles estante mirando.

Espectáculo Kanbahiota con La Coquette(Madrid)

Espectáculo moi interesante de aéreos con RossinaCastelli e Abraham Pavón como protagonistas, que achegan unha proposta de acrobacias aéreas con impresionantes rutinas de trapecio, escada e aro. Todo isto sen esquecer o humor e o clown, que acompañan a espectacularidade dos números da troupe de Kanbahiota. Un espectáculo de acrobacias aéreas para toda a familia realmente orixinal e novidoso; cunha coidada estética na posta en escena, Kanbahiota volven anovar o panorama dos aéreos en España despois do seu traballo en Francia e Bélxica na creación dos números de La Coquette. Rutinas elegantes, espectaculares e divertidas cunha presentación moi novidosa.

Espectáculo PattyDiphusa con Superharte.

PattyDiphusa é unha Hartista, con h maiúscula. E ven a traernos un pouco de Harte, e moito de Hamor. Durante 50 minutos esta pequena gran Hartista intenta, literalmente, chegar ao máis alto, utilizando para iso todas as habilidades ao seu alcance; bailando, trepando, inchando globos e incluso meténdose dentro deles!! Armada cun humor moi pícaro e moitas ganas de pasalo ben, Patty está disposta a conquistar os corazóns do público. Será moi interactivo polo que será unha xornada de peche interesante que deixará un bo sabor de boca do festival.

 


Publicado en Cultura
Visto 371 veces